martes, 14 de abril de 2009

¿CAMBIO DE RUMBO?

O brado, de Edvard Münch, nunha das súas versiós. É unha das ilustraciós socorridas pra ilustraren o holocausto da ría de Pontevedra. ¿Qué pasou no complexo químico de Lourizán? O colectivo cidadán leva moitos anos horrorizado polo que alí leva acontecido. Pero hai xente que parece camiña cara alá, pode que á procura de solares, que non hai tanto tempo que a conselleira Teresa Táboas e o conselleiro de Industria, os dous do Bloque, propuxeron a construcción alí de vivendas sociales. As plusvalías servirían pra financiare o traslado do complexo contaminante.... pra seguir contaminando, porque continuaría a vertere na ría de Pontevedra. O erro dos partidos políticos, ou o seu entreguismo ós clústers, é que non é preciso nengún tipo de negociación pró traslado, porque todo o que está asentado no dominio público marítimo terrestre de Lourizán-Cocheras-Mollabao, está fóra da lei, perdída-las concesiós ás que constantemente aluden.
-
Entrada n. 906 do blog
-
Pontevedra, 14.04.2009
-
¿CAMBIO DE RUMBO?,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe pronunciou Alberto Núñez Feijóo o seu discurso no Parlamento galego, previo á prevista investidura a consecuencia de ter gañado as elecciós. Atopeino máis seguro no manexo do idioma, que sóo chirriou cando botou man dos términos galegueses que seguramente lle inseriron na partitura: "sociais, fundamentais, leais, coñecer, descoñecer, converter, proxecto, xustiza", e tantas outras verbas do trampitán da deriva.
-
A pouco que se achegue algo máis ó galego dos seus ancestros, ó galego d´Os Peares e do tramo aquel da Ribeira Sacra [como en certa ocasión lle dixen] é seguro que vai ser mellor comunicador que Touriño ou Quintana. Xa o é.
-
Oín soamente parte do seu discurso e dou fé de que prometeu, como estaba no programa, a supresión do imposto sucesorio, ou que tamén combateu o uso dun modelo normativizador do galego como instrumento de imposición, de opresión ou afogo diría eu, e retomou outravolta o tema da derogación do decreto da denostada normalización que a sociedade galega ve con cara de horror. E tamén vale como ilustración, nese caso, o cadro de Edvard Münch.
-
A ver ónde nos van levare pola senda do desenvolvemento sostible, qué entende o seu grupo por éso, ou tamén da reposición das masas arbóreas, porque certo clúster eucalipteiro vai pretender de Núñez Feijóo que coma na súa man, como parece comía o señor Fraga co seu despótico e antiecolóxico proceder.
-
Pero non evitou falar de Ence, nen do saneamento das rías. ¿Seguro?. Porque o saneamento, o necesario saneamento, está mal prantexado tanto na ría de Vigo como na de Pontevedra, con depuradoras ilegales, obras de administraciós [locales, central e autonómica] delincuentes.
-
Non vexo que Ence poida ter sitio na bisbarra, porque Bora non pode ser lugar pra unha industria de vertedeiro. Pero a promesa do traslado si qu´a fixo, e fíxoa con máis afouteza qu´os Lores ou Touriños; non decindo "¡Ence, fóra xa!" ou "¡A ría é nosa, non de Celulosas!" [ou o "¡Ence sí, pero non aí!" que tanto lle gustaba a Touriño] , e outras cousas que dixeron aquelas xentes. O uso de "aquelas" sitúaos máis lonxe. E non teñen por que volver si o PP fai ben os deberes, que está por ver. [Porque con Fraga fixo da traición o seu lema].
-
¿Pero qué dixo desta volta Núñez Feijóo? Pois non falou de mesa de concertación, non, pero dixo algo que nadie antes dixera. Falou, nada menos, que da recuperación do litoral natural. É decir, da retirada da autovía, da edar, de Ence-Elnosa e outras actividades, do ferrocarril a Marín, etc. ¿Que non-o dixo?. ¿Qué significa entón a recuperación do litoral natural? Pois o mesmo que pide a Axenda21Local: a recuperación do capital natural, algo do que Mosquera e Lores, co PXOM nas mans, non queren saber nada, coa cidade decote máis morta, máis Gulag.
Enlaces:

No hay comentarios: