Vista do Duomo de Florencia. En primeiro plano, o baptisterio octogonal. Tamén algún coche nunha cidade que ten cinco líneas de autobuses. (Clicade sempre sobre as fotos pra velas en tamaño maior)-
Entrada n. 895 do blog
APUNTES DUNHA VIAXE, FOTOS PROPIAS: FLORENCIA, por Xesús López Fernández
Debo ter medio clasificadas, antre fotos e pequenos vídeos, unhas 1500 tomas da viaxe-peregrinación que acabo de facer a Italia, desta volta desgarrada polo movemento telúrico, a catástrofe de L´Aquila, no Abruzo, perto do itinerario franciscán polo val de Rieti a Fonte Colombo e o Greccio, dos que teño abundante mostra fotográfica que, na medida do posible, irei inserindo neste blog. [O terremoto foi predito por un científico este pasado 2.04.2009, pero as autoridades non lle fixeron caso. Agora é tarde.]
Outra toma panorámica do baptisterio e mai-lo Duomo
Detalle parcial da fachada do Duomo.
Zara, presente en Florencia.
Vista parcial do mercado do Porcellino, con memoria de ter sido lonxa de banqueiros, con memoria tamén de bancarrotas.
O xabarí que actualmente dá nome ó mercado, ese 21.03.2009 moi animado. (O mercado, non o xabarí, tan sobado)



No hay comentarios:
Publicar un comentario