Teresa Casal fixo unhas declaraciós pra La Voz de Galicia (enlace), sobre as que imos facer un brevísimo comentario.
-
Pontevedra, 14.05.2009
-
Entrada n. 948 do blog
-
A AGRESIÓN, SEGÚN TERESA CASAL,
por Xesús López Fernández
-
BNG e PSOE están cobizosos de comezar coa súa gran tamborada contra a Xunta a consecuencia d´ésta ter nomeado dous delegados prá provincia. Esta circunstancia, o que nela poida haber de mal paso, vai ser aproveitada polo equipo de goberno local, que sabe que se nestes momentos se celebraran unhas novas elecciós perderían o mandiño. E teñen que faceren xogos malabares. Venlle ben a tamborada que lles brindan, pois.
-
Pero esquecen qu´o gran mal a esta cidade, decote, fíxollo o goberno do BNG, con apoios puntuales do PSOE, e agora gobernando en mancomún. A cidade está case morta, fracasada a política urbanística ou de dinamización, que non vai máis alá do terraceo de miseria ou da nota pintoresca de enviar ás distintas prazas un par de malabares.
-
Se a cidade é hoxe unha ruína total, se o urbanismo de Mosquera-Fole escacha, se a xente abandona barrios, a culpa é do goberno local. Pero é que ademáis, dona Teresa ou Tereixa amiga, ademáis de lle tere dado morte ó comercio local lla déstedes á cidade administrativa. Nada, qu´esto non ten remedio. Pola vosa culpa. Claro que ó mellor áinda vos salva a campáa polo tema dos delegados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario