-
Pontevedra, 14.05.2009
-
Entrada n. 949 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (4),
por Xesús López Fernández
-
Hai como un gran desconcerto mentres os talibáns preparan a marcha en defensa do galegués pra este 17.05.2009. Siguen os debates [malo se así non fora] nos foros abertos en distintos medios. ¿Pero non merece a nosa lingua, a salvada pola oralidade das aldeas, un respeto certo?.
-
O caso é que as cousas móvense aínda non se sabe ben en qué dirección. E quero pensar que Alberto Núñez Feijóo non é tan inxenuo como algús apuntan e que terá falado as cousas axeitadamente antes de ter nomeado como Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a Anxo Lorenzo, da Universidade de Vigo, presunto promotor da imposición do galegués.
-
Sigue enlace de elentir/Contanto estrelas con noticias relacionadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario