martes, 26 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (7)

O caos normativo ven xa da época de Galaxia, unha das creaciós, en mancomún con outros idealistas, de Ramón Piñeiro.
-
Pontevedra, 26.05.2009
-
Entrada n. 962 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (7),
por Xesús López Fernández
-
Ramón Baltar é un gran escritor. Nos seus artículos, breves, aparecen con frecuencia frases de verdadeiro xenio, e tamén no que hoxe dedica en El Correo Gallego a Ramón Piñeiro, "Un gallego que supo serlo".
-
Pon o dedo no ollo do furacán cando dí que se Piñeiro non estimou comenente a recreación do Partido Galeguista foi porque sabía que non había máis vimbios qu´os que había. I eu teño aquí fondas dúbidas de si o fracaso non estivo, xa, nas normas inventadas por Galaxia que Risco censurou no seu día afoutadamente, cando fixo a traducción ó galego de "La Familia de Pascual Duarte", de Cela, outro autor disconforme coas normas actualmente en uso.
-
A operación REGA non foi máis qu´unha pura simulación por moito que a loen agora os seus biógrafos. E non lle podemos botar culpa algunha a Piñeiro da non recreación do Partido Galeguista. ¿É que acaso foi el o único responsable?. ¿Ou é qu´a sociedade galega non exerceu nunca en clave crítica o nacionalismo duns poucos?.
-
Outros quixemos, sí, poñer en marcha o partido, pero pouco conseguimos máis alá de contabiliza-lo noso fracaso. Algús aínda permanecen, no seu estertor, sumidos no magma estalinista do BNG, coitados.
-
enlace. El Correo Gallego, 26.05.2009. Ramón Baltar escribe sobre Piñeiro.

No hay comentarios: