jueves, 7 de mayo de 2009

CRÓNICA ECOLÓXICA BRAVÚ [9.11.2003]

Berro ecoloxista. Graffitti virtual. ¡Ence, non!
-
Pontevedra, 8.05.2009
-
Entrada n. 935 do blog
-
Artículo do ano 2003, guión que algús poden querer activar.
-
Despois da afirmación de Feijóo, da súa manifestación sobre a intención de recupera-lo litoral de Lourizán, teño comentado que nadie tiña ido tan lonxe na súa promesa, pois éso, a recuperación do capital natural, nadie o tiña prometido. Apareceu xa algún comunicado, non obstante, redactado talvez ó dictado do clúster celulósico, no que se volve á irracionalidade, a marcarlle a esta ría non outro destino qu´a súa morte.
-
Alguén lle está a movere as cousas a Feijóo, que terá que fiar moi fino. Ó Bloque, que aquí secou a cidade, que marcou o camiño da súa total involución e que con cada nova obra agranda a área de miseria da urbe que, polo encirramento nazionalista sobre "modelo de cidade", acabou coa vocación comercial e administrativa da mesma.
-
Agora vanlle sacar punta ó nomeamento do superdelegado pra Vigo, no que ven a conformación dunha nova provincia ó mesmo tempo qu´eles aparcan as diversas delegaciós en Campolongo, fóra xa da cidade qu´esmorece por esa causa aínda máis. E nen esa actuación foi debidamente concebida, "solagadas" case tóda-las delegaciós da Xunta no que Touriño denominou "contenedor", doutado de soomentes dous ascensores. O malo é que aínda lles parece pouco, que queren convertir en solares os espacios que ocupan o Hospital Provincial e mais a Delegación de Sanidade, nalgún tempo, polo menos en parte, finca sementada a patacas pra fornecere ó Hospicio de Pontevedra, outra Pontevedra, evidentemente. Con máis capital social, con máis señorío.
-
Que Feijóo vixíe. Se quer pode facer un bo papel, pero hánno marear.

Crónica ecolóxica bravú, [9.11.2003]
Por Xesús López Fernández


A prensa do sábado 8.10 comentaba a chegada ó rexistro da Delegación da Consellería de Industria das xentes de Ence con máis de 23.000 asinaturas de apoio, recollidas en toda Galicia. Xa tiñámo-la nova do que estaba a pasar, con xentes do organigrama a presentaren o papeliño de adhesión, [a solicitude individual de apoio á papeleira de tisú en Lourizán] recollida en moitísimo pesebre de Santiago, Lugo, Pontevedra, etc. Moi seguros do seu éxito e a modo de gran "bosta" que deixaría enanas as asinaturas de rexeitamento da papeleira recollidas polos ecoloxistas, os medios afíns deixaron constancia notarial da presentación por Pesqueira [o secretario de CIG/Ence] no rexistro dos apoios recibidos, ó tempo que tamén noticiaban que os ecoloxistas andaban polas 17.000.

Non estarían tampouco mal os avales dos ecoloxistas, pero, qué curioso, a prensa, avergonzada, case non noticiou o domingo 9.10 que a Asociación pola Defensa da Ría recolleu/presentou 20.200 asinaturas. Mellor dito, 20.201. [A engádida do 1, a asinatura dunha funcionaria do rexistro defensora do Estado de Dereito]. Sen case medios, sen prepotencia, limitados a Pontevedra e arredores, a cifra dos ecoloxistas é máis exitosa que a dos pasteiros/papeleiros. Pero houbo, naturalmente, outras alegaciós, porque:


1.- Ence non ten terreo, non é nada máis que a concesionaria dunha zona marítimo-terrestre prá fabricación na mesma de pasta Kraft. Ela non dispón de autoridade nen de dominio como pra impoñe-lo seu capricho de construir unha fábrica de papel tisú. ¡Qué cousa extraña que xa teñan nomeado director prá fábrica que é contraria ó Raminp e á Constitución!. ¿Cómo se poden pedir apoios prá conculcación das leis dende a Xunta, dende Urbanismo e Medio Ambiente ?. ¿Cómo se pode puxar dende a Xunta contra o Estado de Dereito cando calquer actuación sobre a franxa litoral é asunto de Estado?
2.- Naturalmente, o Concello non pode autorizar unha licencia nesas circunstancias, sen que medie unha concesión previa do Goberno, que tería o horizonte do 2.018, o que implica unha subnormalidade total, porque non se pode construir unha fábrica que non se vai amortizar.


3.- Como o Concello anunciou que eles, consecuentemente coa normativa existente non autorizarían a instalación, tatarí, viñeron co tema da supramunicipalización de Fraga, basándose na "utilidade pública" que non existe. Simplemente estáse a favorece-los intereses de Ence e precipita-la morte da ría.

4.- Apercibidos da metedura de pata e da existencia de sentencias que non-os apoian, decidiron amagar co plan secesionista de Lourizán e Medio Ambiente presentou no Concello, por rexistro o expediente iniciado por Ence prá desafectación da zona, por degradada, por innecesaria. E un xamón.


Posiblemente nestos días falaremos algo máis do tema. E de certo recurso que algús conocen e saben que calquer político qu´o lea [incluso xueces, ha pensar que, efectivamente, estamos nun Estado de Dereito e as cousas non son como queren en Ence, na Cig ou no PP; como pode acontecer agora no Uruguai, carentes de normativa medioambiental. Eu, ó leé-lo recurso penso que calquer político intelixente ó que lle toque evacuar algún tipo de resposta optará pola prudencia, porque é posible que sinta un certo frío na propia médula. Sí, seguro.

No hay comentarios: