domingo, 24 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (6)

Gloria Lago e Carlos Callón, foto do debate que publica La Voz.
O caos normativo, normas da deconstrucción. Dibuxo informático, protesta polo mal que se levan feito as cousas no eido da lingua.
-
Pontevedra, 24.05.2009
-
Entrada n. 960 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (6),
por Xesús López Fernández
-
Dend´a manifestación dos galizos coincidindo co Día das Letras Galegas, case tódo-los días aparecen na prensa artículos de diversa "etnia": os que defenden o galego instalados nas normas deconstructoras; os que, sendo promotores das mesmas (que non foron redactadas pola RAG), exprésanse no chamado "galizo da Galiza", ou galegués; e os que piden, como exercicio da necesaria salvación, a abolición do DNL e liquidación da Mesa pola Normalización.
-
La Voz de Galicia d´hoxe publica un corto debate antre Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, e Carlos Callón, o iluminado presidente da Mesa, que xa non fala galego, senón galegués da Galiza. Gloria Lago, pola contra, exprésase en castelao, "tan galego como o galego" según o lema da súa asociación. Pero nunca soubo tirar partido ó feito de que o gran nemigo, nemigo mortal do idioma galego, son as normas alóglotas inventadas polos do Diktatt, polos que viven xa noutro país ó qu´eles chaman Galiza.
-
Pra mañán teño remitido xa o meu traballo semanal, titulado desta volta "O idioma da definición", que vai sobre a lingua d´instalación, da nosa alma. Pero, como acostumo, dareille tratamento individualizado nunha entrada independente. O qu´o queira leere pódeo ver, xa, na web de Xornal.com. E mañán, no Diario de Pontevedra.
-
Enlace: La Voz de Galicia, 24.05.2009, "O galego na escola, a debate".

No hay comentarios: