sábado, 9 de mayo de 2009

¿QUÉ SERVICIOS?

Teresa Casal e Fernández Lores. O tema do superdelegado pra Vigo tráeos de cabeza, pero aférranse a el como a un cravo ardente e xa están a pensaren nun novo 5-J.
-
Pontevedra, 9.05.2009
-
Entrada n. 939 do blog
-
¿QUÉ SERVICIOS?,
por Xesús López Fernández
-
Teresa Casal dí que Pontevedra non se pode permiti-lo luxo de perdere máis "servizos", así dito, en galegués, como representou a transferencia a Vigo dalgunha das funciós da Audiencia.
-
A parella da foto sabe que pouco ten que facer nas próximas municipales e van muxi-la teta qu´o mal paso da Xunta veu poñer nas súas mans. Así que, xa sabedes, Pontevedra non pode perder máis servicios. Perdón, servizos, en galegués.
-
Pero sexamos serios. A cidade perdeu a circulación radial, quedouse sen arterias e coa peatonalización esterilizante deixou de ser cidade comercial, porque antes era un centro comercial pra todo o extrarradio. Agora, seguido o mal paso de autorización ó depredador Carrefour, o propio goberno local convirteuse no gran depredador, impotente xa de lle facilita-la entrada ás xentes de fóra á cidade.
-
Concentrando os servicios administrativos, a súa maioría, en Campolongo, ¿qué papel vai xoga-la Administración como dinamizadora da vida local? Nengún. A súa cobiza recalificadora vai traer máis esterilidade, máis morte prá cidade, cada día que pasa máis aldea e máis sucia.
-
E falan de promoción turística. ¿Pero falan en serio ou están de coña?. Cidade atlántica que perdeu o mar, que perdeu o que lle quedaba de porto, con terrazas de miseria sobre lugares penzos, con soportales intransitables, ¿qué turismo queren traer?
-
Excavaron no lugar do porto román. Total, que por alí xa non poden entra-los vehículos, nen van facer operativo o tal porto. ¿Ou soñaban coa entrada de galeóns? ¿É que Mosquera ten previsto prá súa ponte d´As Correntes un gálibo que permita o paso do velamen da Santa María, feita pola zona da Galera, nos estaleiros qu´alí existiron?
-
Cidade de servicios, cidade turística, fixeron unha serie de reformas urbáas de baixa estofa, que nalgún caso xa van polo segundo ou terceiro plan Renove Sercoysa, traballos de mantemento ou como lle chamen. Por algo será. E aquí non hai praia, vaia, vaia. Prós turistas.
-
Faro de Vigo, 9.05.2009: Revive el fantasma del 5-J.

No hay comentarios: