
Pontevedra, 9.05.2009
Entrada n. 938 do blog
CO ODIO RENOVADO,
por Xesús López Fernández
-
Debemos lembrar que xa no 1931, trinta días despois da proclamación da República, pasaban de cen os templos queimados polas hordas comunistas e anarquistas.
-
Desta volta, a involución está decote máis servida. E abondan como síntomas a actuación de onte na Asamblea da Comunidade de Madrid, todo porque parece que Aguirre ten máis ideas qu´o equipo de ZP, que tamén está a punto de se carga-lo sistema de pensiós.
-
Os sindicalistas, que rubricaron a súa actuación na Asamblea guindando, xa no exterior e contra o edificio, torcas e pedras; os sindicalistas, digo, prometeron que "a próxima visita, con dinamita". Liberados sí, pero pra actuaren contra a muller que nas elecciós de Madrid sácalles unha avantaxe dun millón de votos.
-
Pero houbo máis cousas, porque onte, en Sevilla, dous energúmenos entraron no templo de San Andrés pra proferiren ameazas ós que alí estaban: "Arderéis como en el 36". Non, desmemoriados. Xa se sabe que lles gusta o lume, comezado xa na arrancada republicáa. Depois veu a revolución d´Asturias, 1934, cando dinamitaron a cámara santa, que foi cando realmente comezou a guerra civil. Un libro de historia moi revelador, "La Iglesia en llamas", de Jordi Albertí, aclara moito sobre a verdaderia memoria histórica. Haberá ocasión de acudir a ese testimonio, porque é de temer que vai haber novas manifestaciós de barbarie, agochada en non poucos organigramas.
-
Enlace de Elentir/Contando Estrelas: "Arderéis como en el 36".
No hay comentarios:
Publicar un comentario