viernes, 22 de mayo de 2009

A RIVALIDADE ESTÚPIDA

Parece que Núñez Feijóo dou cunha solución salomónica en relación coa revolución que s´estaba a armare polo asunto das delegaciós da Xunta en Vigo e Pontevedra.
-
Pontevedra, 22.05.2009
-
Entrada n. 959 do blog
-
A RIVALIDADE ESTÚPIDA,
por Xesús López Fernández
-
O noso presidente ten agora un asunto difícil que capear: o tema dos delegados da Xunta pra Vigo e Pontevedra. Finalmente e según el explicou vai quedar todo como estaba: o delegado de Vigo non vai ter máis representaciós das que xa existían en Vigo no tempo do bipartito.
-
En Pontevedra protestan cando aquí non se soubo defende-la capitalidade, sometída-las delegaciós ó espacio dun contenedor asentado nunha zona que queda a desmán, Campolongo, pra vergonza dos políticos locales que promoven a morte da boa vila.
-
Protestan Lores e Casal, na capital, que usan da demagoxia pra ver de promoveren unha manifestación o próximo 19 de Xuño, porque saben que aquí váno ter moi difícil en diante por teren reconvertido a cidade en ruína total: comercial, administrativa, ambiental, campos nos que non asumiron os seus deberes.
-
En Vigo é Caballero o que quere máis: máis delegaciós, máis realización d´obras pendentes d´execución, que nen tan siquer foran presupostadas. Simple infografía e maquetas, como lle relembrou a oposición.
-
Alguén podería tamén reclama-la capitalidade provincial, por razós de tipo histórico, pra Tui. En definitiva, a tradición de Pontevedra non chega ós 180 anos.
-
Enlaces:

No hay comentarios: