Outono na lembranza. O curso fluvial deslízase por un oceano de biodiversidade vexetal, como puideron se-los boscos primarios en moitos lugares da Terra. (Dibuxo informático de Xesús López)
-
Pontevedra, 8.05.2009
-
Entrada n. 936 do blog
-
Artículo do ano 2003, sobre Ecoloxía, sobre diversas sensibilidades existentes no ancho mundo.
-
Da sensibilización ecoloxista [28.06.2003],
por Xesús López Fernández
-
No traballo de hai sete días, “O medio ambiente, territorio sagrado”, fixen unha primeira aproximación á necesaria restauración da nosa relación coa natureza [mitos e ritos relixiosos], adicándolle unha certa extensión ás prácticas que dende o budismo están a introduciren nas aldeas de Tailandia. Citei daquela un traballo de Gary Gardner sobre o papel que arestora están a adoutaren as relixiós na demanda dun maior respeto ó medio ambiente, porque o home, fillo de Deus, ten tamén un rol específico no traballo da Creación, da que forma parte. Aí está o quid da sustentabilidade ou do que prefiro chamar “economía de subsistencia”: do home e do seu entorno, dos Tukano no Noroeste do Amazonas [que cita Gardner], que manteñen mitos e ritos pra evitaren a sobrepesca ou unha excesiva presión cazadora no territorio. E o caso dos indios Hopi, en Oraibi [o lugar habitado dende máis antigo nos Estados Unidos], que en certas épocas adican a mitade do seu tempo ó ritual conservacionista. “Sómo-los gardas da nosa vella patria. Estamos traballando pra sobarda-los desafíos e aillamento da nosa localización xeográfica.....pra asegurármonos unha patria sostible pra nós mesmos con impacto ambiental mínimo...,[porque queremos]... aire limpo e uso baixo da auga....Etc.”.
Non sei por qué extraña casualidade atopeime cos hopis [o mesmo día] en dúas lecturas simultáneas: “A Situación do Mundo 2003”, aludida no traballo anterior, e un novo libro de G. Steiner, “Extraterritorial”, do que recollo a referencia á maior capacitación que a esas xentes lles dá a súa lingua prá comprensión da teoría da relatividade de Einstein, unha lingua que non pertence ó tronco indoeuropeo e sobre a que o curioso pode atopar referencias en “internet”. Pero tornemos ós intentos que dende diversas institucións están a faceren pra conseguir mellora-la actuación do home sobre o medio. E así o Dalai Lama ten escollido como tema principal de moitos dos seus discursos o da protección ambiental [dende o Cumio da Terra de Río, ano 1992], un dos cinco puntos do seu plan pra acadar unha paz duradeira no Tibet.... A actuación de Xohán Paulo II énos máis conocida, con moitas declaraciós sobre Ecoloxía, unha delas conxunta co patriarca Bartolomeos, en Xuño do 2002.
O patriarca, fondamente preocupado polo tema, creou no 1994 unha fundación denominada Relixión, Ciencia e Medio Ambiente [Religion, Science and Environment, RSE], que ten reunido a líderes políticos e relixiosos, científicos, teólogos e xornalistas en diversos simposios e actividades de formación, iniciativas coas que se iría concretando unha maior atención á problemática existente en relación cos mares Exeo e Adriático, co río Danubio e o mar Negro. Polos simposios celebrados nun barco iría desfilando moita xente, persoalidades famosas que durante semáas atenderían unha serie de conferencias en relación con cuestiós de Ecoloxía, fundamentalmente coa auga. Establecéronse así nexos importantes. O simposio sobre o Adriático culminou en Venecia, coa asinatura conxunta sobre a protección ambiental por parte do patriarca e o papa de Roma, xa citada. Pero o que ten difícil remedio é o mar Negro, talvez a zona marítima máis degradada de Europa, a causa da excesiva urbanización da franxa costeira, “a invasión de especies exóticas, as presas construídas nos ríos, a concentración de pesticidas e outros axentes contaminantes”.
Hoxe, mercede ós encontros habidos e ó especial coidado na información e mentalización de sacerdotes ortodoxos, seminaristas e periodistas, estase a incidir no compromiso moral da salvación da natureza naquela rexión i existen proiectos e obxetivos concretos. E financiación do Banco Mundial pró programa do mar Negro, como tamén unha vaga de solidariedade en relación co Proiecto Danubio e Cárpatos, ata o punto de sinalar dende a WWF que á fin parece que o home está a se sentire parte da natureza, consecuencia do compromiso moral de construir un mundo sostible...A tarea está, como quen di, nos comezos, porque ten que se producir un cambio certo na nosa conducta de fillos pródigos: a asunción da cultura ecoloxista, aprender a non degradar, a reciclar...Os indios Hopi, que viven nun marco xeográfico con moitísimas carencias, valoran as cousas que outros malgastamos. Quizabes eles poderían marca-lo camiño a unha sociedade que se di máis evolucionada, á que lle resulta máis difícil qu´a eles entende-la teoría da relatividade. E ó mellor, na medida na que teñen sabida a lección do respeto medioambiental, son eles os adiantados e non nós, que deberemos posicionarnos urxentemente na loita contra unha nova contaminación: a lumínica, que nos está a privar de ve-las estrelas. Os hopis falan do Pai-Sol e da Nai-Lúa, protagonistas con eles na política conservacionista. E queren o ceo limpo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario