martes, 12 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO 2

Ramón Piñeiro, con outros académicos, ano 1968. A Ramón Piñeiro adícaselle este ano o Día das Letras Galegas.
O caos normativo ou as normas que non van.
-
Ponteveda, 12.05.2009
-
Entrada n. 944 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (2),
por Xesús López Fernández
-
Convertido o neogalego en arma ideolóxica polo BNG, ausente éste agora do protagonismo político, vai tentare seguir enquistando a cuestión do idioma, pulando por mantere as posiciós de prevalencia que no seu organigrama tiñan certas palabras alóglotas, como Galiza, da que queren repescare como distintivo autonómivo GZ e inseri-lo oportuno/inoportuno debate no Parlamento galego.
-
Pero agora manda o PP e, co asento aínda quente da sentada dos visionarios qu´ó longo de catro anos quixeron levarnos cara ó seu Portugaliza, desgraciando a lingua propia do país, privándoa de rexistros harmoniosos, comezan algús dos gurús subvencionados a lle face-la contra ós vencedores das pasadas elecciós.
-
A situación é grave ata o punto de qu´o propio señor Barreiro, o presidente da RAG fala de situación preocupante e culpa ademáis da mesma ó cambio político. ¿Cómo? ¿É qu´os outros estábano a facer ben?. ¡Pero se a culpa fundamental é da propia Academia que non soubo face-los deberes e aceptou as normas do Diktatt, tal como alguén ten comentado, cando llas entregaron como un paquete urxente por SEUR/UPG! Se ben a entrega primeira parecía neutralizada na época de Fdez. del Riego, logo que debutou o señor Barreiro preocupouse éste en dá-lo paso do escándalo.
-
Alfredo Conde comenta estos días sobre a situación creada. O seu artículo d´hoxe n´El Correo Gallego non é afortunado que digamos, pero sí algús dos comentarios que provocou. (enlace)
-
Tamén a RAG dispoñíase hoxe a facer unhas declaraciós sobre a lingua, según noticia do mesmo medio. (enlace)
-
A Real Academia desprazarase a Láncara o próximo 17.05. Noticia d´El Correo Gallego. (enlace)

No hay comentarios: