Santiago, fonte dos cabalos, cando polas Praterías vaise acceder á praza da Quintana, prá que o deán acaba de pedir respeto neste próximo ano santo.
-
Ponteveda, 27.05.2009
-
Entrada n. 963 do blog
-
O ANO SANTO E A QUINTANA,
por Xesús López Fernández
-
Pola porta santa da catedral, na Quintana, vai entrar no próximo ano 2010 un río de xente chamado Europa. Bueno, realmente teríamos que falare tamén doutros ríos humáns, porque cada vez é máis normal atoparse con xentes chegadas doutros continentes, Asia e as dúas Américas, como tamén pretos, mesmo como oficiantes en actos litúrxicos. Fe cosmopolita.
-
Nefecto, Santiago, concentración cultural do Medioevo, meta dun camiño sagrado qu´algús recorrían ó longo da súa vida, como ideal, ó mellor sen dar chegado á súa fin, na porta santa. Camiño sagrado, o conde d´Arcos foi preso, como se conta no seu romance: "...Preso vai o conde, preso,/ preso vai, aprisioado,/ por forzar unha meniña/ no Camiño de Santiago." Cantabámolo na Polifónica de Pontevedra coa letra lixeiramente modificada por Iglesias Vilarelle, e deciamos "..por namorar unha nena..." no canto de "...por forzar unha meniña...".
-
A igrexa quer salva-lo sentido sacral do espacio e pide que non se revente con megavatios nen con manifestaciós do BNG, que nunca está claro cómo van rematar, porque se o día de Santiago é o Día de Galicia, non por éso, en nengún caso, é o día do BNG, que prás súas manifestaciós (como a pasada do 17 de Maio) podería ter outros espacios.
-
A Quintana, espacio público sí, pero Camiño de Fe. Polo menos pró ano santo pídese respeto aínda que despois exerzan de novo os bárbaros deconstructores da fe e do idioma, arrasadores mesmo do patrimonio sagrado ou material, tanto ten.
-
Siguen dous enlaces con novas d´El Correo Gallego:
27.05.2009. A Quintana, unha, grande e libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario