jueves, 7 de mayo de 2009

PRAIA ARTIFICIAL NO LÉREZ

Arriba, o Lourizán da miña infancia; abaixo, o Lourizán dos políticos, a ría, a consecuencia do emisario. E as toxinas volveron.
Praia artificial en Monteporreiro, sen baño institucional.

Pontevedra, 7.05.2009
-
Entrada n. 934 do blog
-
PRAIA ARTIFICIAL NO LEREZ,
por Xesús López Fernández
-
A tan cacarexada praia xa está pra sere estreada, sen baño inaugural, según as primeiras estimaciós. ¿Cánto vai durar? Porque non hai conciencia de que aí existise nunca praia fluvial. Antes do holocausto ecolóxico aquí producido e da desecación das xunqueiras, todo era espacio apto pró baño. A natureza leva tempo insultada nestas paraxes e ó mellor pasa a súa factura.
-
¿Pero por qué non se quer baña-lo señor alcalde que tanto fala de saneamento?... Posiblemente porque non existe outro saneamento qu´o falaz da depuradora d´Os Praceres, polo que se remite ó fondo da ría a miseria humáa que alí chega.
-
Pero é que, ademáis, desta volta o alcalde fala de recupera-la praia de Lourizán, cando se vaia Ence. ¿Sí?. E coa depuradora que el defende, ¿qué facemos sendo como é un delito participado polas tres Administraciós?. Lores hai tempo que perdeu ese tren, evidenciada a súa torpeza ó se opoñere á acción pública incoada por Salvemos Pontevedra en Xaneiro do 2004.
-
É certo qu´agora están a coidaren máis certos espacios, ciumentos porque o PSOE, nas últimas municipales, gañou unha praza de concellal gracias ó labor de Celia Alonso. Por éso agora anda o BNG a mellorare parques e xardís, e rotondas, despois d´anos dun total desprecio a esos espacios, como tamén ó parque da Illa das Esculturas ou ó Lineal Río Alba.
-
Sigue o enlace da noticia que dá o Faro de Vigo: Unha praia sen chapuzón institucional.

No hay comentarios: