viernes, 15 de mayo de 2009

LEIZARÁN E LOURIZÁN [23.04.1992]

O mar profanado. Representación abstracta das agresiós ó noso medio mariño. (Dibuxo de Xesús López)
-
Pontevedra, 15.05.2009
-
Entrada n. 952 do blog
-
En relación coa entrada anterior sobre Paco Barxa ou Paco López-Barxa, antiguo director do Xornal Diario pontevedrés, introduzo un dos traballos que publiquei naquel medio, como "cartas ecoloxistas", a n. 22 da serie, de data 23.04.1992 (ó mellor foi publicada uns días despois). Sigue o traballo:
-
LEIZARÁN E LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
.he xornal diario - cartas ecolóxicas (22) 23.o4.92.
-
Pasóu xa o Día Internacional da Terra. O pasado vintedóus de Abril, ése foi o día, veu cargado de boas intencións pra que os humanos nos fagamos bós e loitemos pola salvación do planeta. E, nese sentido, debemos agradece-la declaración institucional do presidente da Xunta, que por momentos se volve auténtica poesía. Ata se podería decir que o noso porvir medioambietal está en boas mans de non seren polas contradiccións de todos sabidas, existentes antre esa especie de carta-encíclica e as realizacións decote promovidas pola propia Xunta.

Ese mesmo día HB celebraba con cava a aprobación polo Consello de Goberno da Diputación Foral de Guipúzcoa do trazado alternativo prá autovía que vai unir Navarra e Guipúzcoa. A opción pola que se decantaron socialistas e peneuvistas chamaráse a "San Lourenzo", que ven sendo a alternativa "Muga", pero cambiada de nome. Dese xeito, os dous partidos lavan a cara e negan posibles coaccións. O contencioso de Leizarán chega á súa fín. A resistencia e campaña informativas da coordinadora Lurraldea (financiando estudos i espallando un vídeo da realidade ecolóxica do val) non foron vans.


Son, evidentemente, dous xeitos distintos de celebra-lo día da Terra. E como Leizarán e Lourizán son palabras con un certo parecido eufónico, mesmo semántico na medida en que son evocadoras de dúas formas de violencia, coido é procedente traelas a este espacio, unha da man da outra.

En Leizarán, no momento en que a cúpula de ETA acaba de recibir un serio golpe, os partidos con poder de decisión tiveron a cordura de negocia-la saída xa conocida. É curioso que incluso o PSOE, despóis de ter denunciado cínicamente ó PNV polo seu entendemento con HB, se apresurara a suscribi-lo protocolo. Sinal de que a alternativa agora aceptada era, posiblemente, a mellor.

En Lourizán, sen embargo, permanece a violencia da sinrazón, a ferida aberta durante o franquismo que o poder segue a asañar. ¿Qué importa decir "ninguén podería concebir Galicia sen os seus bosques e vales, sen os seus ríos e rías..."? ¡Claro que "forman parte da nosa cultura, da nosa economía, das nosas artes, da nosa poesía e literatura"!.Todo o entrecomillado forma parte da declaración do señor Fraga, pero é rigorosamente certo que a ría de Pontevedra, pola ferida de Lourizán primeiro e polas outras feridas consentidas ou promovidas dende a COTOP despóis, forma parte da Galicia do abandono, da Galicia en fase de liquidación. E cando dende a propia Xunta se está a promove-la agresión ecolóxica resulta obsceno pedirlle ós cidadáns a "conservación e recuperación" do medio natural. Imposible mentres non estea disposta a dá-lo paso necesario e a deixar de ser cómplice de tanta desfeita consentida.

No hay comentarios: