viernes, 13 de junio de 2008

A ARBOREDA QUE PROMOVE MARIANO


Pontevedra, 12.06.2008

Entrada n. 515 do blog

A ARBOREDA QUE PROMOVE MARIANO,
por Xesús López Fernández.

Na campaña das pasadas elecciós, ou antes, Rajoy, en contra da súa manifestación sobre o tema do cambio climático, parecía ter apostado, afoutadamente, por unha política conservacionista no forestal. Nunca é tarde se, nese planning, entra a idea dun bosco vario: fraga, souto, carballeiras, sobredos, cerdedos,..... Con faias ou reboiras, con capudres ou nogueiras, freixos, bídalos ou castiñeiros, o caso é facer bosco sostible e de variada color según as épocas do ano. Sobre todo, sería importante que abandonase o libreto dalgún que outro clúster próximo ata hai pouco ó seu partido [por necesidades do guión], que non semellan tere ideas pra sementaren outra cousa que eucaliptos, eucaliptos, facer paisaxe monocolor e triste, desterra-la biodiversidade, etc. E, de paso, promover máis emigración.

O vídeo de YouTube/NADAPARTIDARIOS pode ser demostrativo das boas intenciós do presidente do PP. Que non se lle torza o discurso.

No hay comentarios: