Pontevedra, 5.06.2008
Entrada n. 503 do blog
Entrada n. 503 do blog
UN DÍA PRA PENSAR,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
O título do video de You Tube é o de "o día Mundial do Medio Ambiente". Pendurámolo no blog a modo de meditación, sen máis comentario. A ver se nos axuda a facer unha profundo reflexión dos nosos deberes co planeta.
Addenda. 28.10.2012. Habería que engadir aquí o noso caso particular, o dunha ría que morre porque a matan, polo contubernio existente antre políticos e clústers. Por desgracia, eles siguen coa súa folla de ruta e, antr´o abandono da política medioambiental, o incumprimento consentido da Lei de Costas, e os bicos que se están a daren os señores de Ence cos partidos, ésto vai moi mal. Nada de economía verde, nada de recupera-los capiles sociales e naturales. Aquí parece que está pactada a sentencia final, a morte final da ría e a de moitos que vivimos na beira do mar, polos diversos partidos e os señores de Ence. Trátase de terrorismo ambiental en estado puro.
Comprádo-los medios de comunicación, cada novo día aparece unha croniquiña de merda tentando xustificare o pogrom aqui preparado. Políticos conocidos como Rosa Aguilar, Arias Cañete, Ana Pastor, os mandiños locales e máis que poderiamos citar, están presuntamente entregados á corrupción, a Ence. Daí que non cumpran cos seus deberes. Saben que non van ir ó cárcere, o lugar onde moitos tiñan que estar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario