viernes, 6 de junio de 2008

PROTESTAS POLA SOBIDA DO CRUDO

PROTESTAS POLA SOBIDA DO CRUDO,
Por Xesús López Fernández

Entrada n. 505 do blog

Pontevedra, 6.06.2008

O sector pesqueiro protesta, o dos transportes acaba de comezar movilizaciós e bloqueos en autopistas como consecuencia da falta de resposta do Goberno ante a situación creada polo incremento no precio do petróleo. Solbes sigue ausente e Zapatero non anuncia medidas. Incluso chegou deci-lo outro día, nunha especie de burla "que non imos tan mal", porque si o IPC está no 4,70, descontando o incremento dos productos básicos, os necesarios pra subsistir, e mai-la carestía dos combustibles, estariamos nun 2,50%; é decir, estariamos no país de Alicia, o das maravillas. Se por outra banda anotamos, neste retrinco sobre economía, que o Euribor sobeu a un tipo insólito, a un 5,40, mal vemos ás persoas de economía precaria comprometidas no pago de hipotecas.

Algo está a cambiar no país, a cambiar celéricamente a peor, sen que se moderen gastos por parte da administración, na que se crearon un 21% de novos altos cargos despois das elecciós. Parece como si houbese unha total carencia de ideas, como se o país marchase nun tren, costa abaixo, perdído-los freos, sen control posible xa pra evita-la catástrofe final.

En Vigo e n´A Coruña comezaron as protestas, según queda notariado nas seguintes fotos, algunhas das publicadas hoxe en La Voz de Galicia

En Vigo houbo tres feridos. Este parece o máis grave, sen movilidade nas pernas a consecuencia dun golpe recibido na columnas vertebral.
Manifestación n´A Coruña, onde nalgún momento se concentraron unhas mil persoas.
Na praza de María Pita, os mariñeiros regalaron peixe. Ruína total.
Tanto en Vigo como na cidade d´A Coruña, os mariñeiros portaban pancartas de protesta......
...especialmente contra a ministra Espinosa, que lamentou os accidentes de Vigo ó tempo que aseguraba que as portas do Ministerio estaban abertas, que sempre valorou a libertade de expresión; que o sector pesqueiro é respetable e que os incidentes producidos van contra dese respeto.
Outra panorámica da manifestación d´A Coruña.

No hay comentarios: