lunes, 2 de junio de 2008

A GRAN ROTONDA [2.06.2008]

Preaviso dun posible apocalipsis circulatorio.

¿Cómo non terá pensado o concello pontevedrés nalgo así...?.

Detalle completo da rotonda --cinco nunha--. Vista aérea.

Pontevedra, 2.06.2008

Entrada n. 500 do blog.

A GRAN ROTONDA,
por Xesús López Fernández

Unha idea pra Mosquera, pra lle dar máis sentido á súa rotondofilia, a ese enche-la nosa xeografía urbáa de rotondas e máis rotondas mal dimensionadas, causa da maioría dos accidentes de circulación que se producen na cidade. As fotografías que vedes forman parte de un power point no que se leen cousas como:

Imaxina que conduces pola Gran Bretaña. De momento vas acollonado porque, ademáis de conducir ó revés que no resto do mundo, os ingleses están como cabras, dentro e fóra do coche, ademáis de seguiren, a mitade deles, unha estricta dieta de cerveza ó longo do día.

Vas conducindo, pensando no "five oclock tea" cando, de súpeto, reparas nun indicador da rotonda aquí mostrada en tres secuencias, pró que as 200000 pelas do carnet de conducir non che deron preparado.

Suxéitaste os machos polo que poida pasar e, despois de circular unhas cantas yardas, ¡zas!, aparece a rotonda mostrada, con abundante circulación que parece garantizar algún que outro accidente.

Por eso, tendo en conta que a circulación faise, ademáis, pola esquerda, poderiamos ter no modelo proposto algo que, urbanísticamente, achegaríase máis ó modelo ideolóxico aquí imposto por Mosquera. Eso de ser de esquerdas pode ser bo cando se deseñan pautas de circulación, mesmo de convivencia, conforme ó modelo Gulag, anque o exemplo mostrado proceda da Gran Bretaña, sempre de esquerdas no referente á circulación. ¿Poderase pensar neste modelo, na súa integración no proiectado nudo de Mollabao como aviso a conductores de que chegan a unha cidade distinta, capital do disparate circulatorio, na que deben abandonar toda esperanza como reza nas portas do Inferno?

Addenda do 10.06.2008.- Pra mellora-la actuación urbanística das rotondas pontevedresas non se lles ocurreu mellor cousa que a de anuncialas agora como "rotondas de harmonía e saúde", cinismo en estado puro.

No hay comentarios: