Pontevedra, 26.06.2008
Entrada n. 531 do blog.
Parece que o PSOE quer facer da zona vella a súa asignatura: Limpala, adecentala, restaurar e recuperar espacios hoxe privatizados polo terraceo pode ser un camiño.
¿Ata ónde está disposto a chegar? Porque nalgunhas das cuestiós que están sobre o tapete, hai cousas que alcatrean, cheiran a podre como se, en pequeno, existira aquí unha especie de pequena mafia, por exemplo, en relación co tema do terraceo.
"Esta conversa vai ser grabada". É o preaviso co que se encontran os veciños que, con motivo da agresión decibélica, do incumprimento da normativa de veladores, da imposibilidade de entraren as ambulancias pra atendere algunha urxencia, recurren á Policía Municipal, que se supón debe cumprir algunha función.
En relación co tema dos veladores, nada. Nalgunha ocasión tense visto a certo concellal achegarse a algún hosteleiro pra lle aconsellar, según información trascendida, que sería bo que deixaran un camiño antre as mesas prós cochiños dos bebés, prás sillas dos minusválidos, ou pra posibilita-lo paso dalgunha ama de casa co seu carro da compra. ¿Qué acontece? Non podemos pensar que existe cazo ou consumo gratis total, aínda que o pareza. En pequeno e presuntamente, como en Coslada, coa Policía hibernada e as asociaciós de veciños ninguneadas.
Véxanse as seguintes fotos:
Entrada n. 531 do blog.
VELADORES E OUTROS,
por Xesús López Fernández

1 comentario:
TErraceo e accesibilidade son términos contradictorios. A situación pouco cambiou dend´a entrada á que se refire este comentario. Sí cerraron o baixo-letrina da Casa da Luz, obra na que gastaron algo así como cen millós das antiguas pesetas, o diñeiro "E". De vergonza.
Publicar un comentario