jueves, 12 de junio de 2008

A BOA CULTURIZADA [12.06.2008,]

BOA (constrictor), unha das cancelas da cidade, no paseo Antonio Odriozola. Foto de Xesús López

Pontevedra, 12.06.2008

Entrada n. 514 do blog

A BOA [CONSTRTICTOR] CULTURIZADA,
por Xesús López Fernández


A fotografía do antiguo paseo do Chocolate, rúa Antonio Odriozola, que agora mostra como cancela a palabra BOA, en aceiro inoxidable, tivo ata hai pouco presencia de mosquerós, xa retirados. Tanto ten, porque a mona, anque se vista de seda, mona se queda, e o espacio da zona vella sigue choído con esta nova horterada, como consecuencia do talibanismo urbanístico que xa dura uns nove anos.

Pero algo se está a facer con certo sentido, aínda que permaneza como cousa efímera, i é o de reconverti-lo espacio en escenario. Non importa que haxa un palco na Alameda, asignatura pendente de moitos gobernos locales, non. Agora, e veremos ata cando, de vez en cando nos obsequian con música, non sei se pra mellora-lo espacio dos xardíns d´Ourense, se pra facer simple pedagoxía, se pra desinfecta-lo lugar d´outras influencias. Pero este serán, cara ó lusco e fusco, pasei por alí e detiven o paso porque o espectáculo era grato: Unha pequena orquesta executaba unhas partituras de ópera, acompañando a unha soprano auténtica, de voz ben timbrada e amplia tesitura.

"O mio Babbino Caro", foi unha das arias cantadas e moi ben, por certo. E por eso non resisto pendurar neste espacio un novo video de You Tube, no que se recolle esa obra, pero interpretada por unha soprano de renome, con gran orquesta, pra mostra.


No hay comentarios: