domingo, 8 de junio de 2008

AUGA E MARISMAS [9.06.2008]

Depuradora do Lagares, en Vigo, denunciada por presuntamente ilegal.

Pontevedra, 9.06.2008

Entrada n. 506 do blog

Artículo d´hoxe, en diversos medios. O mesmo deixa abertas posibilidades de insistir nos diversos temas citados: actuaciós urbanísticas, actuaciós da Xusticia, denuncias aínda non cerradas, etc. Por certo, cando vai transcurrido parte da tarde, reparo en que no Diario de Pontevedra aparece un comentario cachondo do secretario da Consellería de Pesca, no sentido de que se a ría de Pontevedra está contaminada é porque a depuradora --ilegal-- d´Os Praceres non está debidamente dimensionada, razón pola que as zonas de marisqueo de Lourizán e Raxó están catalogadas como C. Outro conto máis cando a realidade é que a dita e maldita edar ven sendo a materialización dun delito das tres Administraciós.


Auga e marismas [9.06.2008],

por Xesús López Fernández

As marismas son espacios sensibles de relación da terra coa auga. Contra o que nalgún tempo se pensaba é importante a súa conservación, vital mesmo prá biodiversidade e saúde do planeta. Cando unha marisma, unha braña, unha xunqueira se degrada, algo está marchando mal, a natureza como un todo ponse enferma. A auga, que debemos considerar un ben común pra toda Humanidade e non só un ben de ricos, ten nas zonas húmedas a uns vixiantes permanentes; daí que debamos procura-la súa conservación a toda costa. Coa celebración da Expo de Zaragoza hemos traer aquí algunhas referencias, polo menos a lección dalgús expertos. Volvamos agora sobre o tema das depuradoras de augas sucias, nas que a Administración soe perde-los papeles á par que tamén tocamos novas destos días, ó abeiro do Día Mundial do Medio Ambiente.

En relación coa necesaria declaración de “actuación ambiental integrada” das depuradoras de augas sucias e da definición de “nulidade radical” prós casos nos que non se axusten ás leis vixentes, citaba o pasado 2.6 a depuradora de Reza, en Ourense, con sentencia de ilegalidade do TSX de Galicia. Digamos que, en situaciós semellantes a alí producida, abonda a denuncia dun só individuo, en exercicio da acción pública; que mesmo pode ese cidadán non residir no lugar afectado. Pois ben, o día 5.6, Día do Medio Ambiente, foi novedade que a Confederación Hidrográfica do Norte ten como primeira prioridade a construcción da nova depuradora d´Ourense que ademáis vai pagar íntegramente; que esa edar vai ser construída augas abaixo da actual e que en 30 días darán a conoce-lo emprazamento exacto da nova instalación, que non vai ser sobre a actual, prevista a reconversión dese espacio en zona verde. Unha empresa presentou doce alternativas que en principio non cumpren co Regulamento de Actividades, Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas.

A depuradora de Vigo tamén foi noticia, porque a que agora precisan non cabe no espacio que lle teñen destinado. Na Confederación Hidrográfica teñen claro, ou eso parece, que non poden construir unha edar con deficiencias e que sería preciso amplia-la actual expropiando máis chan que o inicialmente reservado no PXOM, polo que xa falan dunha reforma puntual do mesmo. Polo pronto e afectáda-las marismas do Lagares ilegalmente, non se pode maxinar unha ampliación en base a cargarse ese espacio que debe conservarse como un relicario de vida. En fin, cuestionada a instalación ante o TSXG con data 6.05.2008, despois de ter sido denunciada ante o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, en ámbo-los casos con data 17.12.2007, parece que non cabe xa unha solución fácil, ora por medio dunha edar soterrada, ora coa inversión de 200 millós de euros, aínda que os comentarios de tipo oficial non citen a denuncia existente. O humedal do Lagares merece, certamente, un maior respeto.

Por eso quero remata-lo traballo cunha nova de ámbito local: a declaración da concelleira pontevedresa, Celia Alonso, sobre a intención de consegui-la declaración prá Xunqueira d´Alba de espacio natural de interese local. ¿Estamos seguros de que se vai actuar con rigor na recuperación do espacio? No libro de Rafael Fontoira, “A Vella Moureira” aparece unha ilustración que debe ser un guión de traballo si realmente queremos facer política ecoloxista máis alá do marketing electoral. Trátase dunha fotografía na que a Xunqueira d´Alba aparece incólume antre o Vao e o Burgo, libre o espacio de ataduras antre Poio e Pontevedra. Seguramente, a foto define os tempos nos que no fondo da ría de Pontevedra pescaban sardiña os mariñeiros da Moureira. Se a pretensión de “espacio natural de importancia local” é certa, habería talvez que abandonar, antre outras, a idea da nova ponte das Correntes e retirar outras agresiós pra unha maior penetración das mareas. E traballar de verdade.

No hay comentarios: