Camiño de Santiago polas estrelas. O Camiño de Santiago debeu ter unha gran influencia na formación e decantación do noso idioma, ó longo das edades. Dibuxo de Xesús López.
Pontevedra, 10.06.2008
Entrada n. 507
Son dos que usan sempre, sempre, o nome de Galicia, desintoxicado hai tempo de querencias diferencialistas como as que aínda son "marca da casa" dos que queren cambiarlle o nome ó país e aproveitan o mandiño que teñen na Xunta pra convertila nunha realidade esquizofrénica, ata o punto de que temos unha presidencia da Xunta de Galicia e unha vicepresidencia da Xunta de Galiza, país distinto, a tenza do Bloque.
Foron as xentes do Bloque as inventoras do galego de "mínimos" lusos e, máis tarde, os promotores das malditas normas que esgazaron o galego literario encastañado coa oralidade das aldeas. Non cesan no seu invento de neoloxismos e agregado de verbas que van, decote, minando o noso idioma, cada vez con menos falantes.
Levan xa tempo intentando cambiarlle o nome ó país, e así dende a Consellería de Cultura, que os do BNG din Consellaría, consultouse á RAG se non se podería usar, como eles veñen facendo, o nome de Galiza como oficial. E a resposta foi que non. A RAG, que ben pode desaparecer pró que fai,e pola súa entrega ós inventores das normas da concordia, as do Diktatt, desta volta parece tivo un repente de sentidiño e conclueu por medio dun comunicado do 31.03.2008 que o único nome oficial é o de Galicia, cousa de sentido común. A que non ten sentido común é a Consellería da Bugallo, que só o 8.06.2008 dou noticia do comunicado da Academia e de que van cumprir coa lei. Veremos.
Incluamos tamén a referencia dunha noticia do ABC, desta data, en relación cunha intervención no Parlamento de Bieito [é máis galega a forma Benito] Lobeira, clamando pra que o mesmo censure ó ABC pola súa defensa do idioma castelao. O periódico tamén comenta o varapalo da RAG antes citado, que Galiza non pode ser nunca un término oficial pra nos referir á comunidade.
Nas fantasías tecidas polo B. Lobeira [ou Lobera, se máis lle gusta] chegou facer unha acusación esperpéntica: que o PP estaba secuestrado polo ABC. E dende ese xornal, Alfredo Aycart denomina a B.L. como chequista encirrado, teimudo, pero que vai ter que convivir co ABC aínda que lle pese, un periódico que ten a ben tanto o respeto ó galego como a defensa do castelao, o que nos situaría na idea do chamado "bilingüismo harmónico", ó que o titular do blog ten dedicado un traballo neste espacio.
Entrada n. 507
Galicia, nome oficial,
por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario