Pontevedra, 4.06.2008
Entrada n. 501 do blog
ÚLTIMAS HORAS DA BALAUSTRADA DO MUSEOpor Xesús López Fernández.
O interese desta entrada limítase ás fotografías incluídas. Realmente teño moitas máis, algunha xa da fase na que a baranda do Museo desapareceu por completo. O que queira saber cómo vai quedar aquelo pódese achegar ó lugar pra comprobare que os dous edificios do Museo Provincial que aparecían como un todo gracias á baranda, están agora separados por unha rampa que vai se-la delicia dos skaters.
En realidade, a obra ven sendo o culmen da accesibilidade predicada polo Bloque, a accesibilidade prós patinadores que igual escachan o nartello dalgunha señora como esgazan as lousas do chan ou as plaquetas da Glorieta de Compostela-Peregrina, aquelas que con tanto amor escolleran, no seu día, os concellales Mosquera e da Silva.
Teño miles de fotos non inseridas no ordenador e o criterio de selección hoxe seguido pode non se-lo mellor posible. Como que as fotos, pra mellor mostrare as secuencias da agresión urbanística, deberían estare invertidas na presentación.
O cullerón pendurado do guindastre parece mesmo ameazar á baranda. Son as súas últimas horas. Foto do mesmo día que a anterior.
2 comentarios:
K buenas fotos, tienes más desmontándola??
Yo me he fijado bien y el giro será de 90º y salvará de nuevo una altura, justo lo que nos habían dicho que iban a eliminar. Adem´s se anunció que el giro sería de 45º y ahora ya se habla de 70º, cosa que tampoco me encaja.
Non dei fotografiado as secuencias dos días no que foi derrubada a balaustrada e mai-lo muro que lle daba soporte.
Teño fotos aínda pendentes de embuchar na computadora, que corresponden a momentos posteriores ós que quedan notariados nas fotos da entrada. E antre as arquivadas debo ter moita cousa: da balaustrada, dos mosquerós de Padre Luís que retiraron ata que lles dea por espichar naquel espacio barrotes como os están prodigando, como carceleiros, noutros espacios da cidade. E das tapas trampa.
Logo terán que acodir a un novo plan Renove pra toda a obra primeira que fixeron na zona vella estos "novos urbanistas".
¿Pero non haberá forma de xudicializa-lo que se leva feito, coa idea de solaga-lo casco vello na máis completa das ruínas?
Publicar un comentario