viernes, 6 de junio de 2008

COUSAS NON EXPLICADAS CUNHA PALABRA [6.06.2008]

Pontevedra, 6.06.2008

Entrada n. 504 do blog

HAI COUSAS PRÁS QUE NON ABONDA UNHA PALABRA,
por Xesús López Fernández.

Cando se fala de Medio Ambiente, cando consideramos a necesidade de cambiar de conducta porque o planeta está a morrer, hai unha palabra que está na bulsa necesaria do léxico dos políticos que nos queren colar que, eles sí, están pola recuperación de hábitats, por un desenvolvemento conservacionista da nosa economía, porque Gaia non morra.

Esa palabra é sustentabilidade, o sostenibilidad, pola que pergunta a señora que acode á carnicería. Parece que o home que a atende non-a entende. O video de You Tube é explicativo. Non aclara o significado da palabra, pero cabe pensar se o carniceiro podería seguir na súa profesión sen sustentabilidade.

No hay comentarios: