martes, 24 de junio de 2008

O BLOG DE XESÚS LÓPEZ, PRIMEIRO ANIVERSARIO.


Noite de San Xohán. Dibuxo informático de Xesús López.


O blog de Xesús López,
primeiro aniversario.


Pontevedra, 24.06.2008

Entrada n. 527 do blog

Onte cumpreu este blog o seu primeiro ano. Como outras veces, acodín a Vilagarcía, ó Campo dos Estrelos [¿o campo da Osa Maior?, Sete Estrelos, sete estrelas], á procura de tomiño pra preparar, con outras herbas, a auga de San Xohán. Xa se sabe: herba luísa, romeu, ourego, menta, herba plata, rosas, follas de vide, carballo, limoeiro, hortensias e algunha máis.

O día máis grande do ano prós antigos, cando regresei a Pontevedra comezaba o ritual das cachadas, pra que o Sol, por imitación, fixese o supremo esforzo de non se apagar.

Por eso recuperei o dibuxo informático que fixen hai xa tempo e que quer representa-la hora do lusco-fusco e o relevo das cachadas.

Como hai pouco tempo que aprendín a pendurar videos no blog, hoxe fágoo cun no que se fai unha certa apoloxía da afición de Zapatero, por unha vez, ó fútbol, que parece volve funcinar como catalizador nacional, como aconteceu co franquismo.

Pra algús representa bastante máis o fútbol que non a noite de San Xohán, o solsticio do verán. Outros, no canto de creeren nesas milagrerías, pensan que o fútbol pode tamén deixar certos rendimentos, incluso políticos. E apostan por el, como intenta colarnos Zapatero no video de You Tube, no que tamén ten o seu papel Luís Aragonés, ó que parece non ll´agrada que o presidente acuda á semifinal contra Rusia, que pra el non hai entradas. .


VIDEO DE YOU TUBE / NADAPARTIDARIOS.




No hay comentarios: