Entrada n. 529 do blog
VAI DE BARANDA,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Teresa Casal, agora responsable en materia urbanística da zona vella, fixo unhas declaraciós en relación coa nova baranda do Museo. Está satisfeita polo grado de aceptación do traballo feito, aínda que non falten críticas á obra.
Que a concellala suscriba agora a línea de talibanismo urbanístico que se veu seguindo ó longo dos últimos oito anos non quer decir que esa fose sempre a súa postura, porque no seu día soubo posicionarse, como tamén fixera Louro, en contra do arraso levado a cabo coa vella praza da Verdura.
Como xa temos dito no blog, valen máis unhas imaxes que as palabras coas que se poidan comentar. Por eso incluímos agora algunhas fotos recéns [temos moitas máis], pra que o lector que se asome a este blog poida xusgar. Siguen:
Ante este fracaso de obra nada valen os discursos e concertos, aínda que queiran envolve-la presencia da Polifónica de Pontevedra na inauguración prevista pró 27.06, como unha homenaxe ó P. Luís. Coido que a Polifónica, de non ser unha coral subvencionada, faría ben en non acodir ó acto, por solidaridade precisamente co Padre Luís, por solidaridade con Filgueira ou Castelao. Eu, que fun cantor do coro antre os anos 1952 e 1957, négome a acepta-la obra como homenaxe a nadie. Nen ós veciños que perguntan polo laranxo, o gran ausente nesta inauguración. Todo unha burla.
E que non diga Teresa Casal que a obra foi aprobada por Patrimonio, aínda que non haxa papeles. Se non-os hai é que non existeu, en nengún momento, a autorización da que fala a concellala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario