jueves, 12 de junio de 2008

SOLBES, TOLO POLA DESACELERACIÓN

Pontevedra, 12.06.2008

Entrada n. 513 do blog

SOLBES, TOLO POLA DESACELERACIÓN,
por Xesús López Fernández

A palabra "desaceleración" veu servindo de talismán pró Goberno nas súas mensaxes de calma a unha sociedade que xa non cree no seu discurso.

Según os creadores de NADAPARTIDARIOS, agora tampouco creería o propio Solbes, aínda que sigue insistinto dende o ámbito dunha chambra de forza, un tanto pasado de rosca na interpretación que del fai o actor que o representa, interpretación que recolle o video de You Tube agora pendurado, que parece premonitorio de que ó viceprimer ministro se lle vai acabar concretando, nunha especie de pantama, a famosa desaceleración. Ademáis que non quere toma-la pastilla que lle ofrece o celador pra unha posible melloría relativa.