jueves, 12 de junio de 2008

SEN C DE CAMIONEIRO (Mensaxe de Zapatero)

Pontevedra, 12.06.2008

Entrada n. 510 do blog

CON Z DE ZAPATERO,
SEN C DE CAMIONEIRO,

Xesús López Fernández

Estos de NADA PARTIDARIOS cada día están a melloraren as súas presentaciós e vídeos. A verdade é que resulta difícil ser tan constantemente humorista. Porque non se aprecian altibaixos, tanto poñan en escea a un clon de Ibarretxe como de Gallardón, de Luís Aragonés ou de Rajoy. Pero este video d´hoxe, baixado de You Tube e coa marca de Intereconomía, raia co puro realismo, porque a imaxe é a real de Rodríguez Zapatero. E o discurso paréceo, polo menos a voz, perfectísimamente imitada. ¿Cómo é que farán?

ZP está tranquilo nesta posta en escea, conforme co seu talante, pero parece que o Goberno apunta xa outras soluciós cando o país está vivindo unha situación límite: co tráfego interrumpido en pistas e autoestradas, incendios de vehículos, algunha morte, e factorías cerradas. Así, en Citröen, hoxe, non acodiron ó traballo 8000 empregados. Os da chilaba están a impoñeren o seu mandato, os seus precios, co que se demostra a fraxilidade da economía global. Pero vexámo-lo video. Eso sí, con talante pracenteiro. O malo é que o caos sobrevido nos está a afectar a todos. Aínda que ZP conserve o sorriso. Que non-o perda, pero que aporte soluciós.

No hay comentarios: