sábado, 28 de junio de 2008

TELMO MARTÍN I ENCE

Pontevedra, 28.06.2008

Entrada n. 535 do blog

TELMO MARTÍN I ENCE,
por Xesús López Fernández

Telmo Martín, que xa na campaña electoral das pasadas municipales comentara que el tiña unha alternativa pra que ENCE non se fose de Pontevedra, presentou a súa idea en público o pasado 26.06, en Caixanova. [A fotografía do acto é do Diario de Pontevedra]

O sitio por el suxerido pró novo enclave é na parroquia de Marcón, en terreo catalogado como monte veciñal, co que xa, en principio, está asegurada unha forte oposición. Pero Telmo ten que falar sobre o tema Ence, do que tamén están a falaren os políticos dos outros partidos, porque seguramente vai haber elecciós autonómicas anticipadas. E todos queren vende-la burra.

Non vou entrar con grandes argumentos, porque non creo nos políticos e sei que, si Ence i Elnosa aínda están aí é por culpa, fundamentalmente, do goberno local. Porque ambas industrias carecen de concesión nestos momentos, perdida cando foi da súa privatización, na que non se produceu a necesaria transferencia.

Por outra banda, Telmo, que nas municipales prometera a recuperación das marismas de Lourizán, que incluso falou de retira-la edar d´Os Praceres, agora di que a nova Ence, que seguiría tomando a auga de Bora, a vertería, reciclada, ¡ollo ó can!, valéndose da tubería que hoxe están a utilizaren pra leva-la auga a Lourizán. Incluso hoxe, no debate sabatino de Radio Pontevedra, alguén falou dese tema, de que a auga sairía, despois dos procesos industriales que nos queren colocar aí [Elnosa, Ence, dúas fábricas de papel], que a auga sairía daí, repito, no mesmo grado de pureza que na recollida.

¿Pero nos toman de coña ou qué pasa? Porque se a depuración vai ser tan total non precisarían verter, senón que seguirían a retomaren a auga en circuíto cerrado, que desto tamén lle ten falado ós empregados de Ence algún dos "vendedores" que buscan o seu chafaldrís particular pra vende-la burra como se fose un cabalo, porque a Xunta incumpreu o prometido e a xente pode votar nas próximas elecciós coa memoria viva de tanto disparate que levan feito dende a Xunta bifronte.

En fin, que pensen, sí, na recuperación da ría i en evitaren a construcción do scalextric-rotonda que Mosquera quer "colocar" en Mollabao, porque con esa obra aí todo cheira cada vez peor, porque ese paso podería facilita-la conversión de Lourizán en solar, o trinque tipo Estepona, Marbella, Andratx, etc., porque están na Política moitos dispostos burla-la Lei.


1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Aínda non estando dacordo coa proposta de Telmo (coido que Ence debe procurarse sitio noutro lugar, sen contaminar), sí entende que a súa postura foi máis honesta que a do Bloque.
Agora, cando aínda está pendente o PXOM, talvez terán que pensar nunha nova depuradora ó sere ilegal a d´Os Praceres.