viernes, 21 de noviembre de 2008

MADRE MARAVILLAS

martínmorales. ABC, 21.11.2008. Obama comenta con Bush o desprecio dun aliado europeo ignorante que, disgustado co xeito de gobernare de Bush, arremeteu contra a bandeira de tódo-los americáns.
Puebla, en ABC, 21.11.2008. Un novo miragre de Madre Maravillas.

Pontevedra, 21.11.2008
Entrada n. 713 do blog

MADRE MARAVILLAS,
por Xesús López Fernández

Según Puebla, o dibuxante do ABC, Madre Maravillas fixo un novo miragre: conseguir qu´os diputados estivesen presentes no Congreso pra, en definitiva i en contra da proposición inicial de José Bono, facer esquecemento da idea de colocar unha placa na súa memoria, nacida a santa nun dos edificios hoxe agrupados nas Cortes.

Como ben comentou González Pons, do PP, si realmente hai vontade de facelo, pódeo facer Gallardón, o alcalde de Madrid. Pero non, porque o odio do roxerío ó catolicismo sigue vive. E Gallardón quer sair en tóda-las fotos.

O tema da Guerra Civil española sigue vivo, pero na medida na que hai historiadores que fan o seu traballo con dignidade, críticamente, comeza a facerse evidente a "outra memoria histórica". Si despois dunha transición exemplar, na que todo o mundo tentou esquece-los disparates feitos ó longo da guerra que non comezou o 18.07.1936, que viña xa d´atrás, de talvez o propio 14.04.1931, que un mes despois desa data pasaban de cen as igrexas e conventos queimados pola horda marxista.

Que pasados uns anos se lle ocurrira a ZP cedellar no tema da memoria histórica, capala pra convertiren en víctimas únicamente ós asesinados do bando roxo, non deixa de sere unha carallada. Como ten dito Ricardo la Cierva, o Movemento aconteceu porque media España non se deixou matar pola otra media, porque o balance de horrores do período republicán é tremendo. E non se resolve coa patochada proposta por Cristina Almeida de queima-los libros de Pío Moa ou César Vidal.

Levo algús días a leé-lo libro titulado "La Iglesia en llamas", de Jordi Albertí, que no seu día comentaron algús medios, en relación coa súa edición, como tardía pró señor Garzón. Pois non sería mal remedio a lectura obrigada da obra: a el, a Cristina Almeida, a Carrillo e a ZP.

Antre os enlaces aquí incluídos hai algús de blogs. No de Las Cosas Claras cóntase do ADN nacionalsindicalista do ministro Bermejo e tamén, quén o diría, de María Teresa Fernández de la Vega. Ou do pasado franquista do avó de ZP, que parece que últimamente quer tamén aparca-lo tema da memoria histórica. A ver se Madre Maravillas intercede.

[MARAVILLAS DEL CONGRESO. Juan Manuel de Prada, ABC, 22.11.2008]


[LIBERTAD DIGITAL. CRISTINA ALMEIDA QUIXERA QUEIMA-LOS LIBROS DE CÉSAR VIDAL E OS DE PIO MOA]
[EL JUEZ EN SU LABERINTO, Ignacio Camacho, ABC, 20.11.2008]
[SANTA MARAVILLAS NON TERÁ PLACA. ABC, EDITORIAL DO 21.11.2008]
[CON FRANCO SE COMÍA (Y SE BEBÍA) MEJOR. El Desternillablog. 20minutos.es]
[FRANCO ERA BASTANTE SOCIALISTA, dixo Aguirre, icult/programación tv]
[LAS COSAS CLARAS BLOG. GARZONADA]
[VIDEO YOUTUBE/ CÉSAR VIDAL/ LOS MÁRTIRES DE LA GUERRA CIVIL]


[GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (1936-1939).COM. Contén sete videos, pra que os novos, incluso ZP, aprendan]
[ABC, 25.11.2008. HERMANN TERSCH. Milicianos progresistas]

2 comentarios:

www.1936-1939.com dijo...

Simplemente transmitirle mi mas sincera enhorabuena por su trabajo, y deseo que me permita que enlace su blog desde mi portal.

Un cordial saludo
www.1936-1939.com

o blog de xesús lópez dijo...

Reparo aún hoy, 22.10.2012, en su comentario, que agradezco.
No existe problema alguna para enlazar su portal con mi blog.

Un cordial saludo