jueves, 27 de noviembre de 2008

A VIOLENCIA DO GALEGUÉS

Ermitas Valencia, nova voz dos galizos contra a "violencia de xénero, contra o castelao", non contra a inmersión lingüística no galegués por eles inventado. Discurso sectarizado. Foto de La Opinión, A Coruña.

Pontevedra, 27.11.2008Entrada n.725 do blog

A VIOLENCIA DO GALEGUÉS,
por Xesús López Fernández

A forza de querer cambiarlle a alma ó país co galegués inventado polos galizos, creen algús desa cofradía que se está a practicare unha violencia de xénero contra as náis ás que se lles condiciona a educación dos fillos por medio do asolagamento no castelao, dito así polo que se relata máis adiante, nesta entrada. Realmente, os galizos, coa súa esquizofrenia a voltas, están en contra do galego enxebre e do castelao.

Que se deixen de caralladas porque neste país chamado Galicia nunca se falou o galegués por eles promocionado, e a convivencia antre castelao e galego foi de sempre viable. Certo que considerado o galego, por diglosia, como lingua de rango inferior, o que non impediría qu´o titular deste blog participase nos anos 1966 e 67 nunha serie de programas en lingua galega, 92 en total, en Radio Pontevedra. E xa choveu, aínda que algús sigan decindo qu´o noso idioma estaba prohibido.


Pero que a posta en valor do idioma non pode pasar pola demencial imposición das normas da deriva, as normas do galegués, pra ilo solagando no portugués, porque a inmersión no Portugaliza do seu delirio é a única esperanza que teñen de salva-lo seu nazionalitarismo estos coitados.

Aínda non comprenderon que portugués e galego son linguas claramente diferenciadas, que son as isoglosas diferenciativas as que marcan a fronteira antre os dous países. E retomarei unha breve historia dun acontecemento producido cando o congreso constituínte de Coalición Galega, alá polo 1982 ou 1983, no parque de verao do Mercantil vigués.

Gustavo Docampo Otero comezaba a lectura da ponencia de Lingua redactada por María do "Carmo" Henríquez Salido. E comezara o home cunha cita da "Biblia" dos galizos, o libro de Castelao, que el citara como "Sempre en Galicia", momento no que interrumpeu Henríquez: Un momento..., o menos que hai que ter é respeto para con os mortos e que eu saiba Castelao escribíu un libro intitulado "Sempre en Galiza", non "Sempre en Galicia". Discúlpase o amigo Gustavo, Sí, muller, foi un erro, pra proseguir coa lectura que arrancaba coa definición da dicotomía existente antre o uso do galego e do castelán..... ¡Castellano!, dixo a Henríquez, o que motivou unha nova disculpa de Gustavo, que quixo seguir...

Pero este que agora escribe dixo, dirixíndose a María do "Carmo": ¿Castellano...?, Sí, sí, castellano, ¿Irmano?, Non, irmán, Ou irmao, digo eu..., Bueno, sí, Ou irmau, como en Lugo, que eu che son moi respetuoso coas formas vivas do idioma, Sí, claro...., Pero mira unha cousa e xa que falabas do respeto "para con os mortos" que eu diría "respeto ós mortos, respeto cos mortos", ¿por qué lle estás a cambiare o nome a Castelao..?, ¿Como dis?, Que estás a cambiare o nome Castelao por castellano, ¿ou non comprendeches que o apelido se corresponde cunha das formas histórico-científicas de decir "castellano" en galego?.

A muller púxose pálida e marchou, privada de argumentos despois da "molladura".

Pero esta Ermitas Valencia d´agora, nun discurso borde, fala de violencia de xénero dos que non se someten ó galegués dos galizos, da fragua do BNG ou dunha RAG que xa non xoga nengún papel. Mellor, leéde a crítica de Lois Blanco en La Voz de Galicia do 26.11.2008.

2 comentarios:

José Manuel Barbosa dijo...

O respeito às falas populares há que ter-lho, e também respeito a uma conceição da língua entroncada com ao romanística, hispanística e mesmo galeguística que são partes da filologia latina, hispânica e galega.
Segundo os linguistas as falas galegas e portuguesas fazem parte da mesma língua e portanto suscetíveis de serem escritas e normativizadas de forma igual, ainda que as falas tenham diferenças como diferenças há entre as falas portuguesas e brasieliras:
Em Brasir não se escreve "noichi" mas "noite"; no algarve não se escreve "pexe" mas "peixe".
Por outra parte na Galiza a situação de diglóssia permanente durante centos de anos faz que as línguas se mesclem como se mesclam em Porto Rico ou no Quebeque. "I call you back" ("respondo a uma chamada") em Porto Rico diz-se "Te yamo pah trah". O conceito de respeito é mal percebido, porque se temos que respeitar os Portoriquenhos não falariam espanhol.
A forma galega "Castelão" é com a que se define a pessoa que vive num castelo e esse é o significado do ilustre galeguista mas o nome da língua que etimologicamente poderia derivar igualmente em "castelão" não se diz assim historicamente. Diz-se "castelhano" como um castelhanismo histórico em galego-português, da mesma forma que "português" é um lusismo em castelhano. Deveria ser "portugalés"
Alguém dirá que por isso se explicam os castelhanismo nas falas galegas...
As influências dumas línguas em outras é legítimo igual do que a adopção de termos léxicos forâneos, mas no caso do galego é uma situação extrema de deturpação da língua e de castelhanização maciça. Por isso a aceitação de castelhanismo deve ser revisada e ordenada em função da variante linguística que aceita castelhanismo desde um posicionamento de não diglóssia.

o blog de xesús lópez dijo...

Galego e portugués son dúas linguas claramente distintas.
A fronteira con Portugal é a propia lingua. En Galicia decimos maioritariamente Galicia, como no Brasil, pero os nacionalistas fracasados quixeron inventare unha nova lingua, a lingua da non-patria como foi denominada por Uxío Novoneyra, librando da seira lingüística portuguesa cantidade de palabras que foron inseridas no galego. Daí naceu o galegués,unha lingua non aceptada pola inmensa maioría dos galegos.
Aquí, os galegueses non quixeron ter en conta que a lingua sempre estivo a se desenvolver, como creación social que é; daí que o Padre Sarmiento aconsellara, no século XVII, "facede a lingua a partir da fala", xa que esa fala ten unha riqueza lingüística impresionante, superior incluso á lingua casteláa en canto a verbas consignificado concreto.
Ésto levarianos lonxe. Non se pode inserir na lingua formas como xustiza, posíbel, prezo, amábel, xuizo, porque non son galegas, corresponden á outra realidade lingüística.
Castelán ou castelao teñen, en galego, o mesmo valor, tan referidas ó home do castelo como ó habitante de castela; en femenino, castelá, mellor aínda casteláa, que así se debe pronunciar.
De certo que o galego non está lonxe do castelán; de certo tamén que o portugués escolleu, cos Bragança, unha línea fortemente diferencialista, cambiou incluso a fonética do idioma ata chegare a eses once fonemas vocalícos que hoxe ten o portugués:
¿Por qué temos que decir "artigo", mesmo os propios portugueses? ¿Non decimos articular, articulista, articulado, articulación (os portugueses "articulaçao")? Un mínimo de coherencia aconselle asumir artículo como verba propia.
E como éste poderiamos tirar moitos exemplos.
Pero, o dito,a fronteira é o idioma.
Un saúdo.