martes, 21 de abril de 2009

LORES, LORES, PASOUCHE O TEMPO

Lores a falar con Rueda Valenzuela. O alcalde parece alabarado, como si estivera a lle urxir algo ó conselleiro da Presidencia.
-
Pontevedra, 21.04.2009
-
Entrada n. 911 do blog
-
LORES, LORES, PASOUCHE O TEMPO,
por Xesús López Fernández
-
¿Verdade, Lores, que tí e máis eu sabemos qu´o do teu ecoloxismo, que nalgún tempo puido ser certo, está xa fóra de lugar?.
-
Pides vez pra falare con Feijóo sobre o Hospital único, sobre Ence e sobre o Saneamento, un encontro de traballo urxente.
-
No tema do hospital e polo que máis dun médico ten dito no sentido de que se un establecemento desas caracterísiticas pasa das 200 camas faise xa ingobernable, ¿non será mellor pensa-las cousas ben? ¿Por qué hai que prescindir do Hospital Provincial? Xa sei, home, interesa o solar, ó parecer como nunha serie de edificios que albergaban delegaciós e pasaron xa, algús deles, a acrece-la bulsa dos solares, engulído-los seus servicios no contenedor de Campolongo, do que xa se fala como fracaso total. Dese xeito seguides a reconfigura-la nova Pontevedra, decote menos cidade, máis laberinto, máis gueto total. Gulag, como hai que definir con referencia á terminoloxía marxista que impera nesta capital.
-
Ence. Ulalá. ¿Pero se non fóstedes capaces de vos defrontar co tema, se tamén o tiñades pensado como solar pra vivendas sociales? ¡Qué peligrosos sodes porque, pra unha vez que tocástedes poder na Xunta, queriades leva-lo complexo a Barro-Meis, terra d´albariños! ¡Qué demencial a vosa proposta, amolecida por Teresa Táboas e mai-lo de Industria!. Forneceríades d´auga ó complexo dende Pontillón do Castro, e vertería a nova Ence outravolta á ría de Pontevedra... Con outros medios porque vos eráde-los puros. ¡E un xamón!, ou presunto se máis vos gusta decir xa no portugués do voso horizonte.
-
Lémbrate, Lores, do escrito entrado por rexistro no Concello, dúas veces, que vos dirixeu Salvemos Pontevedra, en exercicio da acción pública. Alí estaba todo escrito. ¿Lémbraste? Ence xa non ten concesión, qu´a perdeu cando foi privatizada. A partir dese momento xa non procede nengunha negociación. Ence deberá pechar e buscar outro emprazamento. Pero éso é cousa deles.
-
¿Lémbraste do caso Holcim? Tampouco entrástedes nese tema, aínda máis grave, porque nunca tivo concesión; nen tan siquer licencia municipal. ¿Pra qué vades á política?
-
Núñez Feijóo [veremos qué fai] prometeu a recuperación do litoral, algo que vós, os "ecoloxistas", os defensores da Carta de Aalborg, os "promotores" da Axenda21Local, mentireiros, nunca prometéstedes.
-
Saneamento. ¿Pero cómo falades de saneamento en base ó quebranto da normativa prevista na Lei de Costas, do artículo 44.6, que prevé qu´as estaciós depuradoras d´augas residuales teñen que quedaren por riba da franxa de protección litoral? ¿Seguimos? Cando queiras....

3 comentarios:

Sísar dijo...

Tiñas que levar un artigo incendiario destes na túa colaboración semanal con Diario. Espero que me miraras hoxe na sección de fotos. Comezamos a camiñar, pasiño a pasiño..

xesús lópez fernández dijo...

No blog pódome permitir deci-las cousas de forma máis directa e rasgada.
No traballo semanal, que tamén aparece na web do Xornal.com, axiña acoden os subvencionados pra non deciren nada.
Esta semáa incluso erraron no título do artículo. Tiven que meter un aviso no espacio, remitíndoos ó meu blog, no que non se aceptan certas chorradas como as dos subvencionados alí concitados.
Como aínda non saín da casa, a referencia que teño da fotografía da qeu falas é a do post do teu blog.
Tornando a Lores, ó mellor aínda se lle ocurre decir: ¡Alberto, é que non tivemos tempo, que con outros catro anos Ence xa non estaría aí!
E sobre estos asuntos hai moitas cousas que dan medo.
Non entendo que continúen os recheos no porto de Marín, unha especie de cáncer que quer devora-la ría; o porto de Pontevedra, por suposto, xa desapareceu.
Aquí sóo falta que os de Lourizán-Praceres-Estribela promovan a creación dun novo concello. Sempre nos quedaría reactiva-lo porto román, ver entrar de novo ós galeóns no fondo da ría.
Cando os estudios de impacto ambiental os facía o emperador Adiano resultaba posible casar progreso e natureza; cos e.i.a. de Mosquera ésto morre de forma acelerada.

xesús lópez fernández dijo...

Quixen decir Adriano, está claro.
O que non se me ocurre decir é "emperador Mosquera".