domingo, 15 de junio de 2008

A RECESIÓN DEMOCRÁTICA [16.06.2008]

Fotografía correspondente ós días de folga e alarma ante o posible desabastecemento. (La Voz de Galicia)

Pontevedra, 16.06.2008

Entrada n. 517 do blog.

A recesión democrática [16.06.2008]
por Xesús López Fernádez

O acontecido ó longo da pasada semá, por se teren declarado en folga un vinte por cen dos transportistas do país, parece máis ben un claro anuncio de que poden vir momentos peores. Paralización do tránsito e circulación de mercancías, agresiós e perdas multimillonarias, desabastecemento… O Goberno parecía autista ata que, á fin, sí, sentouse a negociar. Pero non hai acordo e, se o petróleo continúa a escalada de precios, a crisis pode derivar cara un estoupido social non querido, perdida a confianza nos políticos que, se ben entendemos que estamos ante un fenómeno global, no noso país aprécianse síntomas que poden levarnos a unha quiebra do modelo de estado. Porque a nosa burocracia está a crecer en demasía, e o aumento de altos cargos, un 21 por cen despois das pasadas elecciós, é algo que temos que pagar todos, mileuristas incluídos, salvo que se reconduza á baixa a tal inflación funcionarial ou se pense, incluso, na supresión dalgún ministerio.

Arrancou o 13.6 a Expo de Zaragoza, colofón da traca dos acontecementos vividos, que pode mesmo apantalla-las miserias e dramas asomados en diversos sectores. Non dubido que pode ser un evento internacional ben pensado. Polo pronto o lema, “Auga e Sustentabilidade”, parece atractivo, sobre todo se establece pautas que fagan posible un futuro certo pró avance tecnolóxico, sen deterioro medioambiental. ¿Cómo é posible que o Goberno español suprimira o ministerio de Medio Ambiente, tan necesario no noso tempo, e non pensase en acabar co ministerio da Vivenda ou en non crea-lo ministerio da Igualdade, con ministra que tamén quer xogare á semántica, facer chistes coas palabras, que si “miembro ou miembra”..? Que tamén lle apuntou o seu parto á Academia. Pero…, non. Víctor García de la Concha, o presidente, dixo que na Academia non inventaban, sóo notariaban. Pero aí deixamos indicado un tema pra outro día. Hoxe vamos de recesión democrática, título que tomamos prestado dunha crónica de Stanley G. Payne, o célebre hispanista.

¿Será certo o que o autor cita, estimado xa por outros teóricos, de que conforme o ouro negro vai sobindo de precio, as libertades no mundo recúan, o que se aprecia incluso en países que tiñan experimentado un certo crecemento, unha era de bonanza económica?. ¿Cómo pode un blinda-los seus ingresos contra esa carestía presente ó mellor no traslado que decote fai pra traballar lonxe da casa, repercutida tamén na bolsa da compra? Está claro que o problema non se resolve con paciencia e que as familias sofren; que xa non se pode falar de desaceleración a unha sociedade que ve cómo os políticos sí blindan os seus ingresos e postos de traballo, e o seu futuro, mentres as listas do paro van a máis unha vez reventada a burbulla inmobiliaria. Resultado: menos ingresos por IVA da construcción; daí que o recaudado co petróleo se teña convertido no salvavidas gubernamental aínda sendo causa principal da situación aquí creada, da que algús analistas avisaban hai máis dun ano.

Estamos especialmente baixo a dictadura dos productores de gas e petróleo. Diminúe, polo tanto, a riqueza doutras partes do mundo, especialmente nas que dependen do exterior en materia enerxética. I é que vivimos unha conta atrás que non queremos valorar; que o petróleo ten data de caducidade. Quizaves o hidróxeno poida ser enerxía alternativa e limpa. E aí si que a auga podería se-la salvación como fonte inacabable. Pero ata o dagora vivimos unha situación de dependencia histérica do ouro negro, o que se veu traducindo na recesión democrática da que fala o autor americán, patente especialmente nos últimos sete anos, cando un Goberno central [dictador, lider populista, réxime autoritario], ve relativamente fácil dispoñer de grandes ingresos, pola vía das exportaciós ou da recaudación impositiva, e aburar así ás clases medias, que teñen que pagar a oscena repercusión, con degaro; que non poden mercar “unidades” de democracia porque o ouro negro lles come o presuposto.

2 comentarios:

Jorge Cubela dijo...

Ola Xesús!

Eu xa te puxera un enlace no meu Blog fai tempo.

Gracias por poñer o meu na túa bitácora.

Eu tamén estou dacordo contigo en que o Plan Urbán I non afectou para facer un cambio urbano en Pontevedra.

O resultado é visible nas propias verbas do interventor, que mostrou todo o seu espasmo en que o Goberno deixara sen executar nalgúns exemplos ata un 56% das partidas orzamentaria...

Unha aperta.

Jorge Cubela

Sísar dijo...

Buenas Xesús, te invito a que pases por el el post que acabo de hacer sobre la nueva Balaustrada.

http://cesarabal.blogspot.com/2008/06/nova-balaustrada.html

Me interesa mucho tu opinión al respecto.

Un saludo