Pontevedra, 17.11.2008
Entrada n. 703 do blog
Levo días fotografiando a sinfonía de colores, as cadencias cromáticas dos liquidámbares da praza da Verdura, da traicionada praza da Feira Vella, algo sobre o que me teño pronunciado en diversas ocasiós dende a súa reconfiguración polo arquitecto ideólogo do urbanismo talibán do Concello.
A xente queda mesmo sorprendida pola presencia desas árbores. O que moitos non saben ou esqueceron é que, como aconteceu agora no Campillo e xardíns de Santa María, o arboricidio é un dos sinales de identidade do estalinismo local.
Cando cortaron as catalpas e arrasaron a vella praza, escenario pra algunhas das secuencias da serie de "Los Gozos y las Sombras", según a obra de Torrente Ballester, home que, no seu día, quedara gratamente sorprendido pola intelixente restauración da vella praza e a conformación nela dun bosco urbán de catalpas.
Cortáda-las árbores, eliminádo-los bancos, conformado un novo e horrendo chan en costa, os galizos non querían alí nova presencia vexetal, matinado o espacio prás súas bullas e posibles concentraciós, mesmo prás arengas dende a balconada da Casa da Luz, algo xa daquela presentido e denunciado por medio dunha protesta veciñal, 1188 asinaturas que reclamaban os bancos de pedra, aínda sen repoñere, e as catalpas ou árbores de parecida porte. Como consecuencia desa actuación, o BNG perdeu mil votos na zona vella, daquela.
Prantaron alí dez varas: catro cerdeiras e seis liquidámbares que, pouco a pouco, foron parcheando o desastre urbanístico configurado polo arquitecto ideólogo do equipo de goberno local, que aínda ousou decir que por el non se reporían as árbores.
I este que escribe, redactor e asinante do escrito de protesta, nas súas conversas con Jesús Asier Fole Osorio, arquitecto ó servicio do réxime local, argumentou sobre a posible reconfiguración do espacio por medio da prantación de liquidámbares.
Pra eso lle regalou ó dito arquiteuto un libro titulado "All about Trees", da colección de Ortho Books, no que aparecían diversas estampas de enclaves botánicos, en urbes, manifestando o ideólogo, aínda que mentise, a súa preferencia pola imaxe que presentaba ó liquidámbar como ornamento urbán. É decir, o que agora mellora o aspecto da praza da Verdura, alén da horterada do terraceo como "nova economía" estalinista.
Unha das querencias do equipo de goberno local, da man do correspondente Gran Irmán, [realmente houbo dous], foi a de conformaren, á par que se cargaban o tecido económico da zona vella, as prazas típicas como espacios da súa nova economía de ruínas: o rastro e algunha que outra feira. Nunha palabra, miseria.
Pero esta Feira d´Outono que cerrou onte é unha demostración acertada que achega ó curioso algús dos productos que nos ofrece o Outono. Autóctonos ou non, porque algús, aínda que expostos en trabancas improvisadas, son productos elaborados. Pero sí ten un certo valor a elaboración de filloas, a venta de noces ou de productos procedentes da matanza do porco, que xa tivo o seu Sanmartiño.
Como reza outro refrán, "Polo Sanmartiño, trompos ó camiño", un artesán elaboraba ese tipo de enredo, nun torno, á vista da rapazada; outros nenos tomaron parte dun obradoiro na elaboración de cestos de bimbio; os augardenteiros tiñan alí montada a súa alquitara, alambique, estiladeira ou pota, prá elaboración de diversos augardentes.
A xente parecía contenta, incluso algún galizo por alí solto, entendo que pola sinfonía coral dos liquidámbares que, pró conocedor do lugar, non cobren as vellas cicatrices, o roubo do patrimonio urbán. Pra eso fai falla outro equipo de goberno. E outro arquitecto.
[La Voz de Galicia, 16.11.2008]
Entrada n. 703 do blog
A FEIRA D´OUTONO,
por Xesús López Fernández

3 comentarios:
Xesús te copio entrada para mi blog. Me ha encantado y va en sintonía con una carta que he enviado hace un momento a los medios y que espero que salga entre mañana y pasado.
Un abrazo.
Agradezo a túa opinión.
O que era a praza e o que é agora sabémolo moi ben os residentes do lugar.
Outra cousa que tampouco perdoo a estos gobernantes é o arboricidio do Campillo, por min presentido hai case dous anos e así denunciado por medio dun artículo publicado o 8.01.2007, "As árbores indefensas", que aínda se localiza en Xornal.com ou neste blog como enlace a un comentario recén sobre o Vandalismo en Santa María. Coido que, coa disculpa do botellón, a Asociación de Veciños de Santa María tragou.
Afectuosamente, Xesús.
Espero que aparezca mañán el agún medio un artículo que fixen sobre a ilegalidade da tala. Logo o colgarei no blogue. Un saudo
Publicar un comentario