jueves, 29 de enero de 2009

REVOLTO DE VIÑETAS E BAIXOS FONDOS

Montoro en La Razón, 29.01.2009. ¿Cal é a filosofía última do chiste?. ¿Que a Xusticia non debe ser libre?. ¿Unha especie de suicidio da independencia xudicial?
martínmorales, no ABC do 29.01.2009. Rajoy sabe agora que hai espionaxe interno no partido e quer saber por qué tardou tanto en informar. Solicita que o espíen ó tempo que o manteñan informado. ¿Baixos fondos?.

martinmorales, no ABC. Había un vicepresidente que estaba perdido. Agora pode estar así e, como ZParo dí que a economía é un estado de ánimo, o humorista propón como novo nome do ministerio o de "Estado de ánimo y Hacienda". Outra vergonza.
mingote, no ABC, 29.01.2009. Tanta falsedade dende o Goberno, que se na oposición houbera alguén capaz de explicar que 2 e 2 son catro, deslumbraríanos.
mingote, no ABC. Rovira xa prevé o día no que España abra embaixada en Barcelona. Vergonza de Goberno.
Esteban, en La Razón. ZParo nega en TV ter 670 asesores. "Só 70, o resto forman parte da decoración", dí o humorista.
Esteban, en La Razón. Un cidadán solicita a ZP unha praza de "asesor insospeitado adxunto".
Esteban, en La Razón. Comisión pro-aborto. Alguén propón o caso de matar ó neno cando veña en plan provocador.
Caín, en La Razón. O Goberno d´España vende fume a empresas e particulares, no canto de poñeren en marcha unha política realista.
Caín, en La Razón. A receta ZP pra sairmos da crisis: "que vos transmitades confianza antre vós mesmos".
-
Pontevedra, 29.01.2009
-
Entrada n. 799 do blog
--
OS BAIXOS FONDOS,
por Xesús López Fernández
-
A situación preocupante do país en relación coa crisis prá que o Goberno carece de luces, que se lle poderían dar dende diversos colectivos cidadáns; a situación de inmoralidade e inxusticia rampante que estamos a sofrir; a involución que nos está a levare a unha situación de electroencefalograma social plano, e pra rúbrica do observado polos humoristas, inclúo un traballo de Ignacio Camacho, titulado "El Sumidero", publicado no ABC d´hoxe.
Sigue o traballo:
-
EL SUMIDERO,
por Ignacio Camacho, 29.01.2009
-
EN la República de Venecia existían unos buzones en forma de boca (bucos) para depositar las denuncias anónimas que alimentaban el forcejeo cainita de los patricios de la Serenísima. Cualquier ciudadano honorable estaba a merced de la calumnia sugerida o el rumor deslizado por aquellos sumideros de la hipocresía social. La delación ha sido siempre una herramienta política de primer orden en casi todas las estructuras de poder, que históricamente purgaban sus tensiones a través de redes de confidencias canallas, y por eso el Estado democrático levantó muros a la arbitrariedad estableciendo en el orden jurídico la necesidad de la prueba de cargo. Esta medida de higiene fundamental no ha erradicado el espionaje ilegítimo, ni impedido la frecuente liquidación moral del adversario mediante la difamación y la insidia, pero al menos ha proporcionado una cierta seguridad frente al chantaje. En democracia no basta sugerir, ni mezclar indicios, ni amontonar murmuraciones; hay que probar, y sólo los tribunales están autorizados para ponderar el peso de la carga probatoria.
-
Por eso toda esta trama de bajos fondos en que parece haberse convertido la política de Madrid, trufada de manejos turbios e insinuaciones oblicuas, sólo puede sustanciarse ante la autoridad judicial, que es a la única a la que corresponde determinar responsabilidades. La existencia de clanes faccionarios resulta consustancial a toda organización de poder, pero cuando sus pulsos de influencia traspasan las reglas del juego limpio es menester que actúe de forma apremiante la justicia. La guerra de dossiers clandestinos es una infamia impropia de la política democrática, que entra de lleno en el territorio de la extorsión coactiva. Si esos informes semiclandestinos que al parecer circulan por la Corte con datos de ciertos cargos públicos no contienen información penalmente relevante se trata de pura y simple extorsión, y si la tienen han de ser puestos de inmediato bajo custodia de un juez que investigue su alcance y evalúe su importancia.
-
En este juego siniestro no valen investigaciones internas, ni siquiera comisiones parlamentarias en las que los políticos actúen de juez y de parte. Si se han producido actos fraudulentos, adjudicaciones tramposas o seguimientos ilegales tiene que intervenir el juzgado, y luego procederá la depuración política a que haya lugar de forma inexcusable. En ese sentido, los dirigentes del Partido Popular están cometiendo -todos- el grave error de enredarse en acusaciones mutuas sin haber explorado el fondo de la cloaca; prevalece tanto en ellos la pulsión del forcejeo intestino que olvidan la necesidad de no precipitarse. No es la responsabilidad de éste o de aquélla lo que está en juego, sino el crédito de un partido con muchos millones de votos detrás. El asunto es lo bastante peligroso para exigir cautela y mucha transparencia; no es momento de victimismos ni de conspiraciones, sino de arremangarse con honestidad para limpiar las alcantarillas. Quien tenga miedo a las salpicaduras no merece la confianza de los ciudadanos.

EDUCACIÓN PRÁ CIDADANÍA

Mercedes Cabrera, un cambio de vestuario prá comenencia. A Xusticia secuestrada. Difícil sobrevivir intelectualmente.
-
Pontevedra, 29.01.2009
-
Entrada n. 798 do blog
-
por Xesús López Fernández
-
O propio título é un enlace de YouTube, unha vergonza de comunicación grabada xa antes de se saber do fallo do TS que demostra, una vez máis, qu´o alto tribunal carece d´ independencia.
-
A Xusticia sigue cercada, algo que a moitos de nós nos permite dubidar dunha posible rexeneración do sistema político español. Os obxetores contra a imprantación da asignatura argumentan que a mesma, tal como está concebida, non ten outro ouxeto que o de lastra-la conciencia dos estudiantes, fidelizalos cara un sistema político no que están a dinamitaren os valores tradicionales, comezando pola propia Xusticia ou a Familia; a dinamita-la propia dignidade humáa.
-
Libertad Digital informa de que o comunicado é realmente unha impostura e que xa fora publicado por YouTube o 26.01.2009. (clicade).

martes, 27 de enero de 2009

TEÑO UNHA PERGUNTA PRA VOSTEDE

Aviso: Pra ve-los dibuxos en tamaño maior, clicade sobre d´eles. Pontevedra, 27.01.2009
-
Entrada n. 797 do blog
-
TEÑO UNHA PERGUNTA PRA VOSTEDE,
por Xesús López Fernández
-
Polo qu´a prensa comenta, ZP, o optimista antropolóxico, mostrou onte na TV a súa outra faciana: a de mentiroso compulsivo e reiterativo. ¿Esqueceuse xa de que negou a crisis, de que prometeu o pleno emprego, da súa promoción da morte dos inocentes, do relanzamento da economía, da lexión de españoles e inmigranes que enviou ó paro?
-
Os humoristas van retratando cada novo tempo, como fai Mingote no ABC, na reproducción primeira, sobre a cristalización da crisis, da que xa estaban enterádo-los Reis Magos.
Tamén Mingote nos ofrece a reflexión de que ZP, se soupera falar, podería chegare a límites insospeitados...

martínmorales, no ABC, retrata a euforia de ZParo cando colle cara TV no canto de ir responder ás perguntas no Congreso
e o propio martinmorales fai o retrato d´alguén que votou PSOE pola promesa do pleno emprego. Agora en paro, escribe o home a ZP sobre si o presidente coida que aínda lle pode facere algunha pergunta.
Sobre o umbral da probeza, nos chanzos da clase media, vólvese cáustico desta volta Esteban, en La Razón,
e Caín, en La Razón, dibuxa a uns protagonistas que se conformarían con que os engañaran políticos de máis talla.

MÁIS SOBRE LOURIZÁN

Unha mariscadora retírase de faenar. ¿Do tremedal de Lourizán?. Coidado co mercurio!
-
Pontevedra, 27.01.2009
-
Entrada n. 796 do blog
-
MÁIS SOBRE LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe apareceu o meu artículo semanal no Diario de Pontevedra. Curiosamente tamén fan noticia de que a recalificación a clase B de parte do banco de Lourizán permitiría faenar e comercializare en fresco. ¿Pero de qué coño estamos a falare? ¿Do éxito dunha xestión medioambiental que non existe, que nunca existeu máis alá dos traballos de Ozámiz?
-
Xa que no post anterior falamos de "Lourizán na memoria" e fixemos referencia ó estudio ESCORP, lembremos que a primeira fase do mesmo permitira descobrire que por cada tm de cloro fabricada ían parare á ría máis de 13g. de mercurio e que na segunda fase do estudio evidenciaríase que, lonxe de correxi-los vertidos, producírase un incremento e a cifra pasaba dos 17g.
-
Actualmente carecemos de datos certos, porque parece existir un pánico das Administraciós a investigare no tema. Estúpicamente pensan que coa edar coa que delinquen e co emisario totalmente ilegal, xa quedan tapáda-las súas complicidades.
-
Lembremos que hai escasos días Touriño falaba da culpa de que o areal de Lourizán estivese clasificado como C eran os vertidos de Sanxenxo e Raxó. Pero agora, ó mellor cousa de Carme Gallego nas vísperas das elecciós, como queren vender máis fume da xestión que nunca levaron a cabo, poden recalificare compulsivamente como B o que é C dende hai tempo. E a ameaza da enfermedade de Minamata sigue.
-
Que non mintan polo voto!
-
Poderiamos traer memoria aquí, tamén, do Comandante de Mariña Ozámiz, o home que impedía a venta de marisco en época de veda, que chegaría incluso a multar á súa dona, que usaba os helicópteros da Escola Naval pra bloqueare a retirada das mariscadoras e mariscadores. Cando levantaban a veda, os resultados eran espectaculares. O home, do que poderiamos contar máis dunha anécdota, sería despois destinado ó Ferrol, onde batería igualmente con problemas. Un día apareceu morto, no seu despacho, "suicidado", algo pouco creíble nunha persoa de conciencia, comprometida coa defensa da Lei.

domingo, 25 de enero de 2009

LOURIZÁN NA MEMORIA [26.01.2006]

Dende Lourido, o inferno de Lourizán. Cando era areal largacío era espacio ricaz en ameixas e croques. Tamén foi lugar de entalladas. Todo estragado dende o 1963 e pró que non existe vontade rexeneracionista polo evidente contubernio político-pasteiro.
-
Pontevedra, 26.01.2006
-
Entrada 795 do blog
-
Artículo semanal.
-
Lourizán na memoria,
por Xesús López Fernández
-
Agora que os partidos están en campaña volve entrar nos discursos o tema Ence. O PSOE non compreu as promesas nos seus catro anos de goberno co BNG, e agora súmase ó circo de ofertas da posible solución ambiental o PP. ¿Coa idea de Telmo Martín? Non, gracias. Pero ese partido non quer botar man do seu gran argumento, pasado o susto de Tisú de Lourizán --¿pasado?--.Foi en tempos de Isabel Tocino, no 1996, cando se fixou o deslinde das marismas de Lourizán e zonas de Mollavao como dominio público marítimo terrestre; e da súa condición de inembargable, inalienable, imprescriptible e insusceptible de desafectación asinou tamén decreto a ministra Cristina Narbona antes de ser eliminado o ministerio de Medio Ambiente --engulido con Agricultura e Pesca nun novo organismo--, posible arrancada dunha nova involución na defensa da Ecoloxía que no organigrama de Núñez Feijóo tamén perdería importancia ó fusionala con Fomento, aquí en Galicia.
-
Un lembra o tempo no que Lourizán e Os Praceres eran as praias de Pontevedra, comunicadas por tranvía, o mesmo medio que usaban algús pra se achegare ó lugar a tomar unhas ameixas. Pero todo se iría desnaturalizando co tempo, comezando pola construcción da avenida de Marín, que tamén “é mar” porque está asentada en dominio público marítimo terrestre, que se convertiría nunha gran cetárea antes de procederen ós recheos prá concesión da pasteira. Coa posta en marcha da mesma sen tere en conta a súa nulidade radical, comezaría o alcatreo e a serie longa de enfermedades aínda constatables nos Boletíns Epidemiolóxicos de Enfermedades de Obrigatoria Declaración, polo menos mentres se incluíron nos mesmos, o que serviría pra rubricare o informe do ministerio da Vivenda do 1973 en relación con Ence i Elnosa, ó tempo que negaban a recalficación das marismas de Lourizán como chan industrial: “la construcción ahí de esas dos fábricas fue un error del que solamente problemas para la salud y convivencia humanas se podrán derivar. Habrá que trasladarlas a otro lugar en momento aún no determinado”. Máis sinceros que agora.
-
A contaminación da ría, xunqueiras incluídas, comezada por Tafisa e os vertidos urbáns, acentuaríase de forma grave, como quedaría demostrado polo ESCORP [Estudio de Contaminación da Ría de Pontevedra], feito en dúas fases, que dalgún xeito tentaron tapar. Outras agresiós: o desecado das xunqueiras e os recheos do porto, constantes ó longo de vinte anos con independencia do partido político que controle a Autoridade Portuaria, como tamén coa construcción do ferrocarril que invade 55000 mt2 de terreo demanial, unha fronteira co dominio público marítimo terrestre denunciada polo ministerio de Medio Ambiente, oposto ó de Fomento do propio goberno Aznar. Diremos tamén que as sentencias favorables á Asociación de Veciños d´Os Praceres, en relación cos pasos a nivel da praza d´Os Praceres e coa factoría Tradepana, permanecen sen executar. A edar ilegal tamén incide na morte da ría, e denunciémo-lo proiecto do macronudo de Mollavao. Xunto coa pretendida construcción dunha pasarela ó longo da autovía, poderían mostra-las verdadeiras intenciós dalgunhas forzas políticas en relación co futuro das marismas deLourizán.
-
Lembrémo-las promesas de Touriño de hai catro anos, en Pontevedra: “Ence sí, pero non aí”. A rexeneración ecolóxica da ría non arrancou. Aínda o 4.05.2008 decía Manuel Vázquez: “O goberno galego non lle vai fallar ó pobo de Pontevedra”. I é triste que queiran seguir usando Ence como cimbel electoral, que xa non é posible dende a presentación o 14.01.2004, unha data pra relembrare porque, en exercicio da acción pública, coa presentación de escrito de denuncia ante as Administraciós públicas, Salvemos Pontevedra desencadearía o conocemento da verdadeira trama política e socioeconómica do entorno de Ence-Elnosa en Pontevedra. Algús aínda levamos na memoria o Lourizán que foi traicionado coa ría toda. E a traición sigue.

viernes, 23 de enero de 2009

ENFERMEDADE DE MINAMATA/PONTEVEDRA

Touriño prometeu o cerre/traslado de Ence. Acábanse os catro anos sen ter comprido coa promesa, sen que apareza tampouco nengún grupo coa decidida solución do problema.
-
Pontevedra, 23.01.2009
-
Entrada n. 794 do blog
-
A ENFERMEDADE DE MINAMATA/PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Antes de se evidenciar nos humáns os casos de parálisis cerebral a consecuencia do envenenamento por mercurio, apreciouse o comportamento extraño de animales que se volvían tolos: gatos, cans, aves..., os peixes sofrían mutaciós, como os nenos das xestantes contaminadas.
-
O vídeo que hoxe incluímos leva tempo neste blog, na relación de enlaces que recomendamos consultar de vez en cando. Pero estos días pasados publicouse na prensa a falaz declaración de Touriño de que si o areal de Lourizán-Os Praceres era zona C, a culpa corrrespondía ós vertidos de Raxó e Sanxenxo, cando aquí, presuntamente non cesou a escorrentía de mercurio e dioxinas, directa ou vía emisario.
-
Pero agora que estamos en campaña e que Touriño xa non pode renova-lo de ¡Ence sí, pero non aí!, quer deriva-las culpas da impotencia/incompetencia do sisTema en relación coa contaminación da ría á banda norte da mesma, esquecendo que aquí tódo-los partidos teñen pendénte-los deberes de faceren comprir coa lei. Os tres partidos, que incluso o señor Fraga prometía a solución do problema Ence-Elnosa nas elecciós autonómicas do ano 1989 por medio dunha contestación a Xesús López Fernández, de Pontevedra, a pergunta por el deixada no contestador telefónico, que polo que vexo agora non usa Alberto Núñez Feixóo, co que teño parentes comúns e ó que lle podería aclarar algunhas cousas.
-
O BNG, impotente, parece estar pensando en Lourizán como solar, como xa apuntaron cando propuxeron o traslado da pasteira a Barro-Meis: forneceríase d´auga de Pontillón do Castro, vertería, naturalmente, á ría de Pontevedra, pero con outros controles, tamén "naturalmente". Financiarían o traslado de Ence coas plusvalías que se xerasen por medio da conversión de Lourizán en solar, onde a Autoridade Portuaria construiría vivendas de carácter social. Listillos.
-
Outras das forzas que están a asesinaren a ría son os recheos do porto, horror que comezou coido que con Caballería pra seguire con Tomás Iribarren, o amigo e maleteiro de Rajoy; seguiría con María Ramallo, do PP, e desta volta é Surís, do PSOE, o que quer seguir ampliando os recheos. ¿Novos solares gratis total pra empresas que nada teñen que ver co mar? Lembremos que Gonvarri foi cerrada en Barcelona por vertidos de cinc e cadmio e que agora elabora chapa electrocincada pra Citroën. A denuncia da invasión hai tempo que foi prantexada por ICPraceres, pero a Xusticia vai lenta, ou non vai. Vergonzosamente.
-
Que o PP non faga o disparate de trasladare Ence a Marcón. Sería outra loucura.
-
Lembremos que Ence xa non ten licencia, como Elnosa, como Holcim, e que en Mollabao, a concesión a Malvar foi cancelada polo TSXG, por denuncia de Salvemos Pontevedra.
-
Lembremos tamén que se non prosperou a petición de innecesariedade de Lourizán como dominio público marítimo terrestre que fixo Ence foi tamén por denuncia administrativa de Salvemos Pontevedra, ata que Cristina Narbona asinou o correspondente decreto sobre a permanencia dos catro "in": inembargable, inalienable, imprescriptible, insusceptible de desafectación. Lembremos tamén que nese asunto non inerveu pra nada o Concello. Nen a APDR.
-
Eso deberíano ter presente os partidos todos, especialmente o PP, si se quer opoñere ó nudo de Mollabao deseñado por Mosquera prá permanencia da ocupación e cercado de Lourizán. Como tamén a ilegalidade da edar, delito das tres administraciós delincuentes.
-
Como tamén estos días foi noticia o colectivo Amencer, de Pontevedra, de paralíticos cerebrales que sí poden ter relación, seren víctimas dos vertidos de mercurio, que d´algún xeito deberían colaborar na definición dunha actuación criminal por parte das propias Administraciós. O problema destos enfermos non se resolve coa chabacanada da "accesibilidade", estimada pola Once, beneficiaria da recalificación dos seus terreos de Campolongo, que algo pode ter que ver coa mandanga.
-
En definitiva, Pontevedra, Gulag ambiental, ruína comercial, Gulag residencial, ten moitos problemas que deberían afloraren ó longo desta campaña, porque é seguro que os políticos, pra se sobire os ingresos, van busca-los nosos votos. Os votos dos probes.
-

Estudiade o vídeo que sigue. E veredes.
ENFERMEDADE DE MINAMATA/YOUTUBE

jueves, 22 de enero de 2009

SALVE Ó EMPERADOR

Cristina López Schlichting, conductora do programa de La Cope, "La Tarde con Cristina", é tamén articulista de opinión, de fino humor, en La Razón.
-
Pontevedra, 22.01.2009
-
Entrada n. 793 do blog
-
SALVE AL EMPERADOR,
por Cristina López Schlichting
-
Éste é o título real do traballo de Cristina L. Schlichting aludido ó pé da súa foto, publicado onte en La Razón, un antre tantísimos dedicados na prensa do día a Barack Huseín Obama. Apresentámo-lo seu texto pra deleite dos seguidores deste blog. Sigue:
-
21 Enero 09
-
La fobia antiyanqui ha sido una constante de nuestra Historia, un punto en el que coincidían derecha e izquierda desde lo de Cuba. Entre leyenda negra y piratas, ya habíamos padecido lo nuestro por el lado británico cuando los emergentes Estados Unidos se ocuparon de darle la puntilla al Imperio español y a nuestra presencia en Sudamérica en 1898. Y el español no olvida. La crítica antiamericana floreció en España, incluso cuando Franco se esforzaba para lograr un puente con los EE UU y la película de Berlanga es un buen documento. Desde niña he lamentado que esta circunstancia histórica nos impidiese aprender de las muchas cosas buenas de los americanos del norte, entre ellas el sistema político, el sentido profundo de la libertad y la pluralidad de un pueblo donde las personas se conciben como protagonistas activos de la sociedad. La dificultad era mayor en la izquierda política. Todo era malo si venía del otro lado del océano: las bases militares, el capitalismo, los judíos plutócratas, las hamburguesas, las guerras¿, porque de las guerras siempre tenían la culpa los norteamericanos. Por eso, asisto asombrada a los fastos en honor del nuevo emperador de EE UU, que es lo mismo que decir el nuevo emperador del mundo. El triunfo de Barack Obama fue celebrado por la izquierda española en el Círculo de Bellas Artes de Madrid como la reencarnación de Lenin en Washington. Desde entonces, los dirigentes socialistas, desde Blanco hasta Leire Pajín, no han cesado de alabar al nuevo presidente USA y de explicarnos que constituye nuestra gran esperanza. El entusiasmo de Zapatero es activo también, tanto que empiezo a ver las cejas triangulares en el rostro de Obama. Está naciendo un hombre nuevo, una especie de líder del siglo XXI, una fusión entre Chicago y León. Mi estupefacción llegó al límite ayer, cuando los medios progres, todos a una, retransmitieron y tradujeron en directo el discurso de coronación del nuevo imperator. ¿Pero no era EE UU el coco? Miren señores, háganselo ver. USA es interesante en ciertas cosas y reprobable en otras. Estoy dispuesta a aprender de los americanos, pero de ahí a creer que ha nacido el mesías y saludarlo como emperador va un paso largo. Me voy a ver «Bienvenido Mr. Marshall».

miércoles, 21 de enero de 2009

OS CIDADE DE PONTEVEDRA

Terreno minado. O letreiro avisaba do que se estaba a facer mal, e acabouse facendo mal: o destrozo da balaustrada e da rúa do Laranxo, máis de dezaseis meses de obra inicua, é un pouco o sinal do que se fixo e se sigue a facer na zona vella, comercialmente case morta porque precisamente a Asociación de Comercio Zona Monumental non fixo outra cousa que apoiar a Mosquera no acoso e derribo do casco histórico, cada vez con menos residentes, decote con máis tendas cerradas. A crisis, en Pontevedra, pola tolemia peatonalizadora, comezou hai xa anos. E sigue a involución marcada polo BNG e o Gran Irmán que levou o leme da Asociación de Comercio, o que no 1997 decía que non aceptaría unha peatonalización salvaxe, que acabou engulindo. (Pra ver esta foto e a seguinte en tamaño pantalla, pulsade sobre delas)
As novas economías. A desfeita da praza da Verdura perpetúase coa presencia de borralla comercial, despois de teren desfeito o espacio, no que sí houbo apoio social, traición, da Asociación de Comercio Zona Monumental, incapaz de reclamar respeto pró que sí era zona de comercio vivo, hoxe miseria total aínda que conten mentiras, como onte no Teatro Principal. Aquí, puñetas, non se soubo traballar pola dinamización do casco vello. Só prosperou a súa ruína, quebrados moitos dos comerciantes nela asentados dende facía anos.
Fotografía da entrega dos "premios Cidade de Pontevedra", do Faro de Vigo.
-
Pontevedra, 21.01.2009
-
Entrada n. 792 do blog
--
OS PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
O premio hai tempo que está devaluado. Non me refiro ó outorgado a Ricardo Tilve, home do que nada sei. Dou por bo o que dele contaron as crónicas.
-
Pero que non me veñan con que a Asociación de Comercio Zona Monumental era merecedora do premio. Non. Esto foi un escorregazo dos Amigos do Camiño Portugués, a súa proposta.
-
Vivo na zona vella. Son testigo da súa involución, do incremento de miseria na mesma, de cómo aquí non se soubo acometer un plan de verdadeira restauración máis alá da farsa do plan Urban, que deixou pendente de pagar subvenviós pra aplicalas presuntamente a quen lles interesou apadriñar.
-
Podería contar moitas cousas sobre encontros, reuniós e traiciós á zona polos subvencionados que calquer día, se algo non-o remedia, acabarán cerrando o seu propio negocio.
-
A peatonalización trouxo como consecuencia unha certa guetificación de espacios. E como apuntou algunha vez Álvaro Siza en relación con Amsterdam, aquí podedes entrar mesmo con medo a partir das 10 da noite. E cada vez traballan máis ó seu aire os grafitteiros. Mirade, senón, como están pintádo-los cerres da praza de Abastos, que non fixo de lanzadeira da economía da zona e, pouco a pouco, tamén se vai apagando.
-
Sigue un enlace, a crónica dunha mentira no tocante á actuación da ACZM.
-

O DÍA DESPOIS

Montoro en La Razón, 21.01.2009. Na casa do probe.. ¿Qué hai pra comer?, Hoxe, barack obama. (Pero os discursos non enchen a ola)

martinmorales, ABC, 22.01.2009. A memoria de Martin Luther King axuda a Barack Obama a poñe-la man sobre a Biblia.
Esteban, en La Razón, 22.01.2009. Barack Obama, no despacho presidencial, estudia o panorama mundial dunha terra deteriorada.
Caín, en La Razón, 22.01.2009. Xa pasou o discurso.. O mellor presidente é o que sabe en qué orde debe sacrifica-las promesas.
-
Pontevedra, 21.01.2009
-
Entrada n. 791 do blog.
-
O DÍA DESPOIS,
por Xesús López Fernández
-
Onte oín o discurso completo de Barack Obama. Hoxe leíno con pausa. Precisarei dunha nova lectura do que me parece un texto con frases afortunadas. Pero como é discurso longo hai que buscar nel algús silencios, máis alá do que, en principio, parecen signos de boa vontade. Que non lle falte ó novo presidente que pode comezar xa refén dos clústers, como pasa noutros países, pero maiormente nos propios USA.
-
Sirvan como sempre as viñetas inseridas nesta entrada como auténticos flashes do momento onte vivido, mesmo visión do que pode vir.
-
Hoxe a prensa ven máis gorda de noticias, polo que fun reparando en diversos traballos de opinión. E como Deus estivo presente no discurso, a Biblia, o Paternóster, e parace que nadie se sinteu ofendido e que, sobre as moitas visiós da vida que se deron cita no acto do relevo presidencial, como finalmente e por un tempo desapareceron do mapa do país demócratas e republicáns pra se sentiren todos norteamericáns, vou inclui-los enlaces de catro artículos de opinión que me parecen de gran calado. Siguen:
-
-
-
-

A PONTE DE SAN BENITO

Cultura, do Bloque, e o Concello, dominado polo Bloque-PSOE, non están d´acordo, ou finxen non estaren d´acordo, en relación coa proiectada ponte de San Benito en espacio que ten a protección ambiental máxima.
-
Pontevedra, 21.01.2009
-
Entrada n. 790 do blog
-
A PONTE DE SAN BENITO,
por Xesús López Fernández
-
No seu día foi acordada a agresión ambiental ós salóns do Lérez por medio de charla antre Mosquera e Louzán, parece que con nocturnidade e alevosía. Qu´a delegación de Cultura impida a construcción sería lóxica se non houbese outro trasfondo neste asunto.
-
Parece que a Mosquera non lle importa a salvación do espacio, como tampouco o da Xunqueira d´Alba ó promove-la ponte d´As Correntes, nen a ría ó se-lo adalide do macronudo de Mollavao.
-
La Voz de Galicia d´hoxe comenta a súa oferta de mediación no referido tema da ponte. Inclúese enlace: Mosquera se ofrece a sacar a la Diputación del embrollo del puente de Monte Porreiro.

martes, 20 de enero de 2009

BARACK OBAMA, O DISCURSO

Caín en La Razón. Hoxe é un día histórico. Comeza a era do antiamericanismo contra un presidente negro. (Especialmente aplicable a algús políticos españoles, se leen o discurso de Obama)
Barack Husseín Obama xa é presidente dos Estados Unidos. Foto oficial.
-
Pontevedra, 20.01.2009
-
Entrda n. 789 do blog
-
BARACK OBAMA, O DISCURSO,
por Xesús López Fernández
-
Ante dous millós de persoas, Barak Obama fixo hoxe o seu xuramento como presidente n. 44 dos EEUU, sobre a Biblia que no seu día servira pró xuramento do presidente Abraham Lincoln.
-
Discurso longo, en principio parece que aberto á esperanza; un discurso de chamada a todos a asumi-la súa responsabilidade, un discurso tamén con connotaciós patrióticas e cristiás. Vese que ZP non puido facer nada por censuralo nen por afastare a Biblia da liturxia do acto, no que tamén se rezou o Paternóster.
-
Haberá tempo de considerar algús aspectos sobre o dito polo novo presidente americán.
-
Desta volta inserimos un enlace co seu discurso completo, que contén outros enlaces relacionados coa asunción da presidencia USA por un afroamericán, que lanzou claros avisos ós que exercen o poder instalados na corrupción, situados fóra da Historia.
-

SOLBES XA NON VENDE

Según Montoro en La Razón, Solbes sincérase pasando do "Yes, we can", de Obama, ó "Yes, we can´t" da impotencia, porque xa non teñen recetas. O triunfo de Obama de nada vai servir pra reconduci-la economía española.
Montoro, en La Razón. Método de libre mercado español: Solbes-Paro-Solbes.
Caín, en La Razón anuncia a creación ideal dun novo ministerio: O Ministerio de Exención de Responsabilidades.
-
Pontevedra, 20.01.2009
-
Entrada n. 788 do blog
-
SOLBES XA NON VENDE,
por Xesús López Fernández
-
Solbes perdeu xa toda capacidade de convicción e xa non ten recetas. A involución acelérase e, contra os seus pronósticos, a UE afirma que o paro pode sobir ó longo deste ano a un 19 por cen da poboación activa. Só en Galicia poden cerrar 4000 comercios.
-
O argumento de Solbes é o de non lle dar credibilidade ó dictame europeo, como no seu día retrucou ó argumentado por Pizarro, que tiña toda a razón do mundo. A portavoz do PSOE, Leire Pajín, fai alusión a que moitas das previsiós anteriores da UE non se confirmaron.
-
É o propio Almunia é que contradí o diagnóstico de Solbes.
-

AL BANO E GALICIA

Albano Carrissi é un namorado de Galicia que leva no seu repertorio a nosa "Negra Sombra", de Montes-Rosalía de Castro.
-
Pontevedra, 20.01.2009
-
Entrada 787 do blog
-
La Voz de Galicia do 19.01 publicaba unha entrevista a Al Bano, na que trascende a súa relación ou querencia por Galicia dende que en certa ocasión fondeou nas Illas Cíes.
-
A paisaxe marcouno. E d´eso vai a entrevista, como tamén de viños e música. O home quedou sorprendido de que aquí manteñámo-la identidade de Colón como nosa, que afirmemos que naceu na ribeira do noso mar Atlántico. Non-o admite. "¡Non é possíbile". Pero, ¿quén sabe?. Nalgunha outra viaxe pode, ó mellor, sumarse ós nosos argumentos e asumi-la bandeira dun Colón nacido en Poio, San Salvador, Portosanto."É vero!", dirá d´aquela.
-

domingo, 18 de enero de 2009

AS ELECCIÓS DE MARZO

Desconozo o protagonismo que poida ter Rosa Díez nas próximas elecciós, mais son bastantes cidadáns os que agardan dela unha posible renovación e rexeneración da política española. A ver se tamén da galega, aínda que pareza ter poucas posibilidades. Enlace de El Semanal Digital, de: "Rosa Díez, sin ser parte del problema, no es la solución".
.
Pontevedra, 19.01.2009
-
Entrada n. 786 do blog
-
Artículo semanal.
-
As elecciós de marzo [19.01.2009],
por Xesús López Fernández.
-
O partido de Rosa Díez, UPyD, perséntase por primeira vez ás elecciós vascas e galegas. Non están claras as súas posibilidades, pero sí se sabe que nos sondeos se lle reconocen, decote, máis posibilidades, un 3,1% da intención de voto, según uns; según La Vanguardia, un 5,8%. Algús definen a súa opción como a dos que están fartos de votaren por un bipartidismo obrigatorio. E nese sentido, tendo en conta a posible evolución do pensamento da política vasca, insisten outros comentaristas no necesario da súa presencia pra osixena-la política española, que se esgaza con tics involucionistas e de presunta corrupción en demasía. Polo pronto, a muller, que algús definen como facha ou din que está á dereita da dereita, preocúpase pouco dos insultos e fai defensa da súa españolidade. Na súa conferencia de Pontevedra, esa afirmación foi clamorosamente aplaudida, como tamén outras en relación coas precisiós que fixo sobre a súa defensa da libertade dos pais pra escolarizaren ós seus fillos e fillas na lingua por eles escollida. O dereito é das persoas, non das linguas. E unha lingua minoritaria subsiste se sabe convivir coa lingua maioritaria do país, dixo.
-
O seu partido, que cerrou por unanimidade as listas prás elecciós vascas e galegas, fixo unhas declaraciós no sentido de que “vai a por todas”, aínda sendo conscentes de que poden obter unha representación mínima, pero sí aspiran a condicionar, coa súa presencia, as decisiós políticas. E non podemos pasar por alto a afirmación que fai sobre os candidatos, dos que dí son “xente nova que non ten pasado partidario pero sí político e coa súa vida solucionada”. O próximo día 24 van seren presentados en Santiago de Compostela, no Hotel Araguaney, os candidatos galegos. Define a UPyD como un partido revolucionario porque está cambiando célere e profundamente as cousas, e afirma que Euskadi non precisa máis nacionalismo. Coidan algús que a muller, aínda sendo de esquerdas, ten o discurso que agardan as dereitas ou persoas que non están comprometidas con nengún partido. Conocedora do proceso de inmersión lingüística seguido no País Vasco e do deterioro producido na súa Medicina ó primaren máis a lingua que o oficio, pronunciouse na súa charla de Pontevedra en contra desa política.
-
Sobre Rosa Díez existe nestos momentos unha actividade informativa desorbitada. Galaxias de blogs opinan nun ou noutro sentido. E dende o entorno mediático de Rajoy diríxen críticas aceiradas contra Díez. Aínda o 13 de Xaneiro, en declaraciós á Cope, Rajoy afirmaba: “Con Rosa Díez discrepo en la práctica totalidad de las cosas, no coincido en nada”. Moi lonxe, polo que se ve, do afirmado por Jaime Mayor Oreja, candidato do PP ás europeas, o “home tranquilo e moderado”, que se manifestou no sentido de que “no puedo ser adversario de Rosa Díez porque he defendido las mismas cosas que Rosa, y Rosa las mismas que yo”, en declaraciós a Libertad Digital Televisión. En fin, o que queira entrare na “rede”, pode atopar información dispar, grata ou non grata: Que si UPyD pode medrar a costa do PP; que se Rajoy dí que os votantes que vai gaña-lo partido de Rosa Díez van seren xentes de esquerdas, no que coincide con Aleix Vidal Quadras, que lle desexa éxito á UPyD nas europeas, porque eso vai restar votos ó PSOE. I en moitos blogs hai alusiós ó feito de que o novo partido está a enchere un óco e aumenta en apoios.
-
Habería que saber máis do discurso do novo partido en relación cos pasos a dar pra unha rexeneración das Administraciós e da Economía. Na medida na que levan no programa electoral a supresión da Lei pola Normalización Lingüística do Galego, e das normas subsidiarias, cabe perguntarse si serían capaces de prometer un expediente de regulación de emprego da clase política e a necesaria baixada de impostos. De que chegue ó gran público unha mensaxe clara, creíble e agardada, pode depende-la súa presencia nos parlamentos autonómicos, como rexeneradora.

DESAUTORIZADA A NOVA PONTE DE MONTEPORREIRO

En Pontevedra, convertída-las rúas en corredoiras, non é posible tracexar unha línea de bus urbán nen un paso fluído d´ambulancias. Perdida a permeabilidade da cidade, Gulag total, e por non dá-lo brazo a torcer, os nazionalitaristas (e os demáis), non dubidaban en se carga-los salóns do río Lérez, paraxe pintoresca, pra derivar por alí o tráfego cara Montecelo.
Foto retrospectiva. Os políticos locales e provinciales anotabanse o triunfo en contra da Natureza, dunha paraxe pintoresca coa máxima protección. Un acordo previo, de Mosquera e Louzán, con nocturnidade e alevosía, facía posible desbarrar nos salóns do Lérez.
-
Pontevedra,18.01.2009
-
Entrada n. 785 do blog
--
DESAUTORIZADA A NOVA PONTE DE MONTEPORREIRO,
por Xesús López Fernández
-
Cultura desautoriza a construcción da proiectada nova ponte nos salóns do Lérez. Ben pola prohibición, salvo que se trate dun simple xesto electoral, porque esa construcción é un verdadeiro disparate.
-
Pero cando se trata de manexar presupostos ou de xustificar obras consecuencia do atasco xerado na cidade coa absurda prohibición do tráfego, todo vale. (Ilustramos tamén esta noticia cun dibuxo de Kiko da Silva sobre o "bus" ateo, que en Pontevedra non existe porque, simplemente, non é posible.)
-
Pola noticia do Faro de Vigo desta data, da que se inclúe enlace poderanse percibir que, chegado o caso, se verten acusaciós de todo tipo. A decisión é coherente, un tanto extraña cando se están autorizando parques eólicos na Rede Natura, sinal de que "ecoloxistas sí, pero non tanto como din".
-
Faro de Vigo, 18.01.2009: Desautorizada a ponte de Monteporreiro.

CARTA DUN EMIGRANTE.

Quintana quer seducir, titula El Correo Gallego d´hoxe unha información. O alaricao comezou xa a súa campaña con forza e pide que se vote ó BNG, por amor. ¿Por amor? Toma, anda.
-
Pontevedra, 18.01.2009
-
Entrada n. 784 do blog
-
CARTA DUN EMIGRANTE,
por Xesús López Fernández
-
Ó pe da información citada aparecen varios comentarios. Loliño introduce unha carta dun emigrante residente en Florida, USA. Coido que é o mellor comentario que se pode facer ós que agora piden o noso voto e ó mellor aínda ousan petar na nosa porta. Que non-o fagan.
-
Sigue o comentario de Loliño:
-
Le envié a un amigo que vive en EE.UU. un email con una pregunta: ¿Por qué somos pobres los españoles?
Esta fue su respuesta desde EE.UU.:
-
Hola, cómo se ve que los árboles no te dejan ver el bosque...
¿Cómo puedes llamarte pobre, cuando eres capaz de pagar por un litro de gasolina más del triple de lo que pago yo? ¿Cuando te das el lujo de pagar tarifas de electricidad, de teléfono y móvil un 80% más caras de lo que me cuestan a mí? ¿Cómo puedes llamarte pobre cuando pagas comisiones por servicios bancarios y tarjetas de crédito el triple de lo que aquí nos cuestan, o cuando por un auto que a mi me cuesta 2.000 dólares ustedes pueden pagar el equivalente a 20.000 dólares?
¿Por qué ustedes sí pueden darse el gusto de regalarle 18.000 dólares al gobierno y nosotros no?
-
¡NO TE ENTIENDO!
Nosotros, los habitantes de Florida, somos pobres. Por eso el Gobierno Estatal, teniendo en cuenta nuestra precaria situación financiera, nos cobra sólo el 2% de IVA (más otro 4% que es Federal; total = 6%) Y no el 16% como a ustedes los ricos que viven en España.
-
Además, son ustedes los que tienen “Impuestos de Lujo” como son los impuestos por gasolina y gas, por alcohol, cigarros, cigarrillos, cerveza, vinos, etc. que alcanza hasta el 320% del valor original, y otros como: Impuesto sobre la renta (impuesto sobre el sueldo), impuesto sobre automóviles nuevos, impuesto a los bienes personales, impuesto a los bienes de las empresas, impuesto por uso del automóvil (de circulación). Y dichoso que todavía os dais el lujo de pagar un 16% de IVA por estos impuestos, además de todos los trámites y pagos nacionales y municipales (tasas).
-
Porque si ustedes no fueran ricos, ¿qué sentido tendría tener unos impuestos Nacionales, Autonómicos y Locales, de ese calibre?
¿POBRES?, ¿de dónde?
-
Un país que es capaz de cobrar el IMPUESTO A LAS GANANCIAS Y A LOS BIENES PERSONALES por adelantado (mediante retenciones) como España, necesariamente tiene que nadar en la abundancia, porque considera que los negocios de la nación y de todos sus habitantes siempre tendrán ganancias a pesar de saqueos y asaltos, mordidas, terremotos, sequía, invierno, corrupción, saqueo fiscal e inundaciones y por supuesto seguro que todos deben ganar muchísimo.
-
Los pobres somos nosotros, los que vivimos en USA y que NO pagamos impuesto sobre la renta si ganamos menos de 3.000 dólares al mes por persona (más o menos 2.000 €). Vds. tienen además el IBI, impuestos de basuras, impuestos sobre el consumo de Agua, Gas y Electricidad.
Y allí pagan seguridad privada en bancos, urbanizaciones, municipales, etc. mientras que nosotros nos conformamos con la pública. Allí hasta envían a los hijos a colegios privados, y mire si seremos pobres aquí en EE.UU., que las escuelas públicas nos prestan los libros de estudio previendo que no tenemos con qué comprarlos.
-
A veces me asombra la riqueza de los españoles que piden un préstamo cualquiera, y son capaces de pagar el 8% mensual de intereses, como mínimo.
No como aquí, que apenas llegamos al 8% anual (generalmente 7.8%), justamente porque NO estamos en condiciones de pagar más.
-
Supongo que, como todo rico, tiene un auto y que está pagando un 8% ó 10% anual de seguro; si le sirve de información, yo pago sólo 245 dólares por año. Y como les sobra el dinero, ustedes si pueden efectuar pagos anuales en concepto de eso que ustedes llaman IMPUESTO DE CIRCULACION, (a parte de la ITV, zona verde, zona azul, aparcacoches forzosos, etc. mientras que acá nosotros no podemos darnos esos lujos y pagamos 15 dólares anuales por el STICKER sin importar qué modelo de auto conduzcas, pero claro, eso es para gente de recursos).
-
¡¡¡ ESO ES SER RICO!!!
-
Ser rico, es tener 86.000 concejales casi 9.000 alcaldes, 17 Presidentes de Autonomías, casi 1.600 parlamentarios autonómicos, 350 diputados en Cortes, 300 Senadores, 200 parlamentarios en Estrasburgo, una Casa Real, 20 Ministros y todos sus adláteres - paradójicamente a menor rango, mayor sueldo, hay alcaldes que ganan mas que el presidente del Gobierno -, todo esto para un país tan pequeño como el suyo.
-
¡¡¡ ESO ES SER RICO!!!
-
Vamos, se quedaron en ESPAÑA porque son RICOS. Somos los pobres como yo los que nos vinimos a probar suerte a otros lados.
-
Bueno, le mando un abrazo y ahí luego me cuenta cómo les va con el nuevo presupuesto, lo que sí es seguro es que les aumentarán más los impuestos. Pero no se preocupen, que la inflación se los va a diluir.
-
Pero bueno, eso es lo de menos cuando se tiene el dinero para pagarlos. Y tengan por seguro que en el próximo discurso le van a dar un tremendo aplauso a su presidente.
Además eso es lo que hay que pagar por vivir en la 8ª potencia mundial, el mejor lugar del mundo y tercero donde la gente se siente más feliz del planeta.
-
¡Ah! se me olvidaba en la comunidad autónoma de GALICIA (1) existe otro impuesto más que se llama "IMPUESTO DE DONACIONES Y SUCESIONES", donde sus "muertos" en dicha comunidad son los más caros de España en materia fiscal, pero no importante es que los gallegos viven inmensamente felices e incluso en sus próximas elecciones al gobieno de la XUNTA volverán a votar de forma masiva a la coalición PSOE+BNG.
-
Un saludo:
-
Su pobre amigo inmigrante.
(1) Nota. Cambiei a palabra GALIZA que con sorna aparece no orixinal, porque a nosa comunidade denomínase GALICIA.

ROSA DÍEZ, EN PONTEVEDRA

Rosa Díez, apoiada na letra "A" de "VILA", unha das cancelas da cidade. Seguramente que nadie lle explicou que aí morre a zona vella e que, daí pr´arriba, polo efecto rebufo, a cidade sigue a morrer.
-
Pontevedra, 18.01.2009
-
Entrada n. 783 do blog
-
ROSA DÍEZ, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
A visita de Rosa Díez a Pontevedra suscitou un seguimento mediático de certa consideración. A súa charla no Casino foi tamén seguida por unha comparecencia por momentos entregada ós argumentos por ela propostos.
-
Foi pena que no debate algunha das perguntas fosen un tanto premiosas, como se os oíntes quixeran colocare, á súa vez, o discurso particular. E así quedaron fóra do debate moitos temas importantes.
-
Dedicarei o próximo artículo á cuestión das elecciós do primeiro de marzo, nas que o partido UPyD da política vasca pode ter unha certa cancha si consigue mollar ó electorado coa súa mensaxe.
-
Que leven no seu programa a proposta da abolición da Lei de Normalización Lingüística, e das normas subsidiarias, é algo que moitos galegos han agradecer. Nese tema pode atopar UPyD unha clave importante prá súa presencia en Galicia. E non estou a falare en contra do noso idioma, que morre día a día como consecuencia da referida lei e das normas do Diktatt que a RAG embuchou e que representan unha fractura real coa lingua salvada pola oralidade e notariada por Rosalía ou Curros, cuio leigado cultural non soubemos tratar científicamente, como deixou dito, no seu día, Vicente Risco (ano 1921).
-
Ten razón Rosa Díez na súa argumentación cando dí qu´os votos non son dos partidos, que son dos electores, e que resulta triste que, pola política de pactos (ou pautos, se queredes), o PP e o PSOE acaben seguindo o dictado dos nazionalitaristas.
-
Sigue o enlace da noticia que hoxe dá La Voz de Galicia: "Me preocupa que el PSOE o el PP hagan lo que quiere el Bloque".

viernes, 16 de enero de 2009

O DEVALO DOS RESTAURADORES

Algueirada, n´O Eixo, emblemático restorán que cesou na súa actividade hai varios meses. Hai días facíao Toñi Vicente.
-
Pontevedra, 16.01.2009
-
Entrada n. 782 do blog
-
O DEVALO DOS RESTAURADORES,
por Xesús López Fernández
-
A crisis vai apoderándose de sectores da nosa economía. E non se crea que só é a industria a que está afectada, ou o sector do ladrillo, o causante principal da situación na que nos encontramos.
-
Naturalmente, os restauradores, que sobreabundan ou sobreabundaban ata hai pouco, están tamén "tocados". Non xa menos comidas de empresa, non; é que o común dos cidadáns vese cada vez máis privado de practicar ese tipo de elegancia, a de xantar ou cear fóra da casa. Non. Cada vez máis medído-los gastos, máis limitados nas súas posibilidades, os siareiros van desaparecendo de restoranes, incluso de cafeterías, outro modelo de crecemento fracasado, cada vez máis precisado o camiño de retorno ós sectores da economía primaria.
-
En Pontevedra é xa un fracaso consolidado o da profusión de taperías, o famoso "modelo de cidade" dos nazionalitaristas, que desta volta imprimen unha nova fase á profunda involución que vive a cidade.
Pode haber algo d´esperanza prós que arrimen a súa actividade ó novo Castelo de Herodes, ó centro de poder que vai representa-lo contenedor administrativo da cidade, en Campolongo, extramuros da cidade consolidada, cada día máis arruinada por xogaren os políticos a planificadores i economistas. Suspenden.
-
Sigue unha noticia d´El Correo Gallego d´hoxe, sobre o negocio da restauración, botado o peche incluso a algún establecemento centenario.
-