Nota. Alborada de San Xohán. O autor quere representa-la loita antre o Sol que se pon, as tebras, e as fogatas que queren delonga-lo protagonismo do astro rei, que non morra no que queda de ano. [Dibuxo informático de Xesús López]
Pontevedra, 24.6.07
Como son principiante nesto dos blogs debo advertir que no apunte anterior, "Sanea-la ría de Pontevedra", agora reinserido como entrada n. 8 do blog, o título non se corresponde co traballo. Correspondería o de "Queren máis recheos", en relación coa teima que dend´as autoridades portuarias, entes que van por libre e con independencia do poder municipal; que poden mesmo acabar con vilas mariñeiras, impulsan sempre coa teima de xerar solares, portos secos pra contenedores, ou espacios onde levantar industrias non directamente relacionadas co mar ou que, como no caso de Gonvarri, na ría de Pontevedra, foron expulsadas doutras partes. Naturalmente, nesto todo, hai políticos que esquecen os seus deberes e a defensa do Estado de Dereito, da que tanto falan. Dito ésto, vaiamos co tema do día de San Xohán.

O DÍA DE SAN XOHÁN [24.6.2007] ,
por Xesús López Fernández
-
Considerado polos antiguos como o día máis grande do ano, na medida na que a partir dese momento os días comezaban a se acortar, ata os solsticios de inverno, aquelas xentes botaban man dun remedio: o lume, que prendían na posta do Sol, pra que o astro rei, a imitación das cachadas que se acendían, non se chegara apagar. Parece que, incluso, certos lumes eran considerados como máis podentes, máis vigorosos, especialmente o da leña procedente de árbores castigadas polo raio, árbores fulguradas. E dí James Frazer que os carballos fulgurados tiñan, pró lume máxico da noite de San Xohán, unha capacidade de transferencia maior que outras especies.
Onte, á posta do Sol, acodín como case tódo-los anos ó campo dos Estrelos, en Vilagarcía, o campo que seguramente debe ese nome á imaxe que dende el se pode albiscar no firmamento, se non hai nubes, da constelación da Osa Maior, ou Carro, a das sete estrelas. Daí, da expresión "sete estrelas" parece vi-lo nome do lugar, outrora rico en tomiño, tomelo ou tumiño, unha das herbas arrecendentes básicas na preparación da auga miragreira que, ó sereo da noite, vai decantando en verdadeira colonia, en función das herbas cruzadas nesta cita máxica: tomiño, herba luísa, romeu, ourego, herba plata, menta, flores diversas, follas de parra e carballo, etc. O importante é conseguir unha "colonia", que arrecenda, que teña franza, como tamén chaman na terra de Castro Caldelas á fragancia.
Quero decir, simplemente e neste apunte de urxencia, que antes de comeza-la anotación que agora cerro, esta mañá laveime, como manda a tradición, coa auga máxica que non sei qué poderes ten máis alá de exercere como un perfume lixeiro e discreto, como a franza que deixamos dita no parágrafo anterior. Como sexa, creamos nas súas virtudes, como tamén no feito de que o Sol non vai morrer polo efecto máxico das cacharelas, das fogatas que a pasada noite se acenderon en miles de aldeas da nosa Terra, lonxe do lume forestal aterrador ó que non estamos afeitos e que, de momento, dormida a trama, parece non ter protagonismo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario