miércoles, 27 de junio de 2007

SOBRE NORMAS E CONCORDIAS, [24.11.2001] A RAG, CABALO DE TROIA

Parece como se quixeramos ter aquí a nosa torre de Babel particular. Dibuxo do autor.

Pontevedra, 27.06.2007

Doe saber que existe unha intención de reventa-la lingua. As xentes da AS-PG levaban xa anos coa intención de toma-la Real Academia da Lingua Galega. Dos lusismos mínimos pasaron á "normativa de concordia", da que xa falamos anteriormente. Pero este traballo, do 24.11.2001, incardínase co anteriormente pendurado no blog, e a súa redacción corresponde ó momento no que aínda parecía posible o miragre.


Hoxe cabe falar da Academia como unha especie de Cabalo de Troia, na que algús prolusistas foron gañando quorum. Dalgús académicos non se sabe moi ben como respiraron. Pero sí resulta increíble a vocación suicida, o divorcio da realidade social, sempre ó servicio da configuración dunha especie de xerga que parece ter saído do mundo de Orwell, do "1984", porque o idioma queda cada vez máis lonxe; o que están a falaren agora en foros diversos ou na Telegaita é claramente outra cousa, pero non galego. Daí que case non se vendan libros editados no "galegués" parido pola RAG; que a lingua sexa incluso, como disciplina, a asignatura máis odiada polos estudiantes. Sigue o traballo:

SOBRE NORMAS E CONCORDIAS [24.11.2001]
por Xesús López Fernández

En principio e por maioría, a RAG non aceptou as chamadas “normas da concordia” propostas pola AS-PG, que virían representar unha volta de torca máis na lusificación do idioma galego, cada vez máis privado de identidade, de enxebreza. Desta volta e por diversos académicos falouse mesmo da non obrigatoriedade das normas, de que é a sociedade a que realmente debe impoñe-lo seu criterio. Pero incluso as normas en vigor representan un claro divorcio do que é a fala. E coido que é nese punto onde habería que incidir e polo que Alfredo Conde, nun traballo titulado “Concordias”, clama por unha normativa realista pra que o pobo galego identifique a súa língua coa escritura. Eu, que vivín e vivo a norma do 1982 como unha frustración, como unha solución interina, entendo que imos a peor, e que acepta-las “normas da concordia” –un paquete bomba-- sería unha especie de suicidio. Así o vexo.

¿Con qué autoridade pretende a AS-PG impoñérmonos a súa normativa, eles que nunca aceptaron a regulamentación actual, coa sobrecarga de “excretas” lusistas que a mesma contén? ¿Queren máis?. Porque da súa actitude “reventadora” no ensino –e da inhibición das autoridades académicas— veu ese odio certo ó galego como asignatura. E a perda contínua de falantes pola ausencia da normativa realista que pide Alfredo Conde, que somos moitos os que botamos de menos, algo do que tiven ocasión de falar cun académico dos de máis prestixio. ¿Por qué temos que decir en galego “análise, síntese, crise, hepatite, bronquite, formais, animais” no canto de “análisis, síntesis, crisis, hepatitis, bronquitis, formales/formás, animales/animás”, que son formas vivas e maioritarias?, foi daquela a miña pergunta. Por achegalo ó portugués, foi a resposta. Pero eso é xustamente o que non debemos facer, porque o galego é unha língua independente. Con poucos falantes, certo. Cada vez menos.

E fálase agora moito do galego como unha língua minorizada. Outras veces se lle dí periférica, co que se supón que hai outras que constitúen un centro. Daí esas relacións intrasistémicas, esa deriva dalgúns autores en busca dunha especie de ADN, de formas máis puras, cando a enxebreza hai que buscala, fundamentalmente, no propio idioma, no que debe constitui-la nosa fronteira, máis firme na “raia seca” ourensá que no Miño, como nos ten lembrado Moralejo de forma moi precisa. Pra min, preocupado por todas estas cuestiós dende os anos cincoenta ou dende o meu traballo prá primeira emisión de radio en língua galega da nosa terra, en Radio Pontevedra, anos 1966/67 --algo que xa teño comentado--, é evidente que non se ten camiñado sempre polo dereito, que non se debe construí-la normativa primando os diferencialismos que afasten a fala máis e máis das formas comúns castelás.

Ainda non me identificando coa normativa actual, agradezo a defensa feita pola RAG. Han vir novas insumisiós, certo, e os grupos sectarios han seguir coas súas consignas. As denuncias de Carlos Luis Rodríguez e Juan José R. Calaza son pra ter en conta. Moi denso e forte o último traballo de Calaza, que incide na súa denuncia da politización da cuestión. Chega a decir que os “nacionalitaristas” tentaron aterrorizar ós académicos/as renuentes, que anunciaran xa antes do debate que a RAG aprobaría o 17-N a “normativa de concordia”, e chegarían afirmar que os académicos non mostraron “solidariedade co traballo calado de meses, realizado por especialistas”. E cara a fin do seu artículo fai un chamamento que traduzo: “¡Abonda xa de manipulaciós sectarias, de chorimiqueos, de irresponsabilidades e de presiós tendentes a obrigar á RAG a se sair do seu papel adoutando resoluciós políticas so pretexto de garantía de paz lingüísitica!”. Está claro que a RAG non debe consensuar traballos sesgados elaborados según os designios dunha “esclarecida elite”. A RAG debería simplemente constatar, notariar, fixar, refrenda-lo que se fala ou escribe. Vamos, traballar pola normativa realista á que se refire Alfredo Conde. Falta fai.

No hay comentarios: