domingo, 24 de junio de 2007

O IDIOMA QUE MORRE

Dibuxo do autor, por ordeador: A Torre de Babel

Nota.- Quedei en que había ir introducindo algún que outro comentario sobre o idioma galego. O que sigue é o texto dun artículo (palabra que uso como facían Eladio Rodríguez ou Lugrís Freire) de data 14.4.2007, publicado no Diario de Pontevedra e incluído en Xornal.com.

O IDIOMA QUE MORRE [14.4.2007],
por Xesús López Fernández

Cada pouco está nos medios a cuestión de se o galego vai seguir vivo ou se, pola contra, quédalle xa unha andaina corta. O 9.4 publiquei un traballo titulado “O futuro dos idiomas”, no que, ademáis de me referir á aprobación da nova gramática panhispánica, en Medellín, baixo o lema de “unidade na diversidade”; de incluir tamén algunha indicación sobre o IV Congreso de Cartagena de Indias, co propósito decidido de enfortece-la unidade iberoamericá en base ó idioma común; de comentar tamén a decisión do presidente do Brasil de declara-lo español como segunda lingua oficial do país… daba cabida tamén a uns apuntes de Ramón Tamames sobre unha conferencia, na Universidade de Venecia, sobre a perspectiva que a globalización abre, ou cerra, a moitas linguas. Según Steven R. Fisher, en 300 anos e a nivel planetario poden quedar tres idiomas: inglés, español e chino mandarín. Algún outro, alemán, italián, residualmente; latín, hebreo, árabe, talvez con funciós litúrxicas, que cito de forma moi resumida. O lingüista non contempla a pervivencia do portugués. ¿Qué vai pasar co galego, ó que hai pouco tempo lle daban como trinta anos de vida?

Por eso apuntaba no meu traballo se non habería máis futuro prá nosa lingua en base ó chamado bilingüismo harmónico, do que moitos “profetas” están a fuxir, sempre enredando cos seus diferencialismos, coa supresión de palabras do idioma común, esquecendo as pautas que daba Sarmiento, a súa recomendación de construí-lo idioma a partir da fala. Como eso non se fixo, a nosa lingua é cada día menos a nosa lingua. Que agora denuncien os medios [o 10.4.2007] que o sistema educativo galego suspende en normalización, non ten nada de particular. Porque se algo se estivo a facer sistemáticamente foi unha política de afastamento da fala de uso normal antre as xentes. Esa desgaleguización agora denunciada, que se produce “no tránsito da familia á escola”, ven xa de moi atrás e permanece porque as normas da concordia agora impostas parecen sacadas do mundo de Orwell [1984], coa idea, seguro, de entrar na conciencia das xentes, de limita-la súa capacidade de expresarse correctamente. Pásalles incluso ós políticos que xa non comunican.

A educación bilingüe, ou trilingüe, é posible. Poderiase decir, incluso, que no cerebro se conforman novos circuítos medibles físicamente. A estructura de asimilación lingüística pode estar conformada dende os tres anos, cos críos xa perfectamente instalados en dous ou tres idiomas. Queda por dediante, naturalmente, o traballo cotián, a formación, a adquisión de máis e máis vocabulario, pero os cromosomas das palabras xa están asimilados, preparado o camiño no que ha ser bo que nengún profesor faga taxidermismo, esgace ou revente o mundo íntimo dos estudiantes. G. Orwell ten demostrado en relación co nazismo e o estalinismo cómo éstos saquean e descompoñen a lingua común. Palabras como “paz, libertade, progreso, vontade popular” son tan importantes no idioma comunista como no da democracia representativa, pero resulta cruel a súa diferencia de sentido, o uso antitético que delas se fai, cando o poder de evaluación dunha palabra pode ser alterado por decreto político. E a fala, así, morre, así nos vai.

O galego vai mal. Se a RAG non retorna ás fontes, á nosa fala pódelle quedar unha, duas xeneraciós. A política non pode entrar no idioma a remexer. A lingua está ferida e non se dan pasos pra un retorno ó “bo falar”. Traiamos a este colofón a referencia a un traballo d´El Correo Gallego, do 10.1.07, de X. Manuel G. Trigo, que comenta unha visita, portador dunha camelia branca, á tumba de Camilo José Cela, e a el se dirixe: “Os homes andan en guerra cos nomes, don Camilo, Coño!, responde o Nóbel, que despois de oí-la noticia de que andan a galeguizaren nomes e apelidos, volve falar dende o profundo: Visitei o inferno de Dante […] e atopei un sitio onde penan os filólogos malos, Vin arder en sete potas ó que inventou o adverbio grazas”.

No hay comentarios: