sábado, 23 de junio de 2007

O MEU BLOG [23.06.2007]



Pontevedra, 23.6.07
Aquí comezo a redacta-lo meu blog. Un blog en lingua galega no que penso ir deixando algunhas matinaciós sobre feitos recentes e non tan recentes.

O meu compromiso coa lingua galega ven xa da década dos 50 do pasado século, razón pola que, marcado polo meu activismo na defensa da fala desta terra, son excéptico coas soluciós que, dende diversos púlpitos sociopolíticos e académicos, están a nos impoñeren por non poucas vías.

Sobre este particular irei definindo certas agresiós sofridas polo idioma que poden incluso compromete-la súa pervivencia. Tal é, por exemplo, a imposición das diversas normas ortográficas creadas ó abeiro da RAG (Real Academia Galega)

Sabido é que os idiomas son creaciós das sociedades. E á creación social conocida como idioma galego estanlle a poñer unha serie de atrancos por vía académica ou mediática e política dos que a lingua non vai saír ben parada.

Teñamos presente o afirmado por Álex Grijelmo na obra "El Genio del Idioma" (editorial Taurus) no sentido de que as linguas vanse conformando i evolucionando porque ese xenio do que fala o autor actúa ó longo da Historia e marca "tempos" e formas distintas en función da época na que se producen os cambios.

Teñamos tamén presente, según recorda ese autor, que os ingleses, aínda tendo o idioma máis universalmente conocido, carecen de Real Academia.

Sirva esto como introducción e pra marcar distancias coa "normativa de concordia" que xa dende as galescolas queren impoñer ós nenos e nenas deste país. Unha normativa que representa unha fractura certa, un arredamento ou afastamento real da psicoloxía actual do idioma galego que as xentes de Galicia souberon manter vivo ó longo das edades pola vía da pura oralidade. Delas é o mérito, gracias a elas temos unha lingua harmoniosa. E os nenos e nenas, ora falen na súa casa galego ou castelán, vanse atopar na escola cunha caricatura de idioma, artificio que non nos vai, inventado polas xentes que están levando o galego real a unha total ruína e que, no seu delirio, queren incluso cambiarlle o nome ó país ó tempo que o van desalmando.

No hay comentarios: