Vella praza da Verdura, hoxe desalmada.
Pontevedra, 27.06.2007
Consulten o traballo "Pactos e patos". A día d´hoxe non hai acordo, que parece máis distante que hai unhas horas. Onte, Teresa Casal, despois de levaren os dous grupos catro horas a falaren, levantouse e marchouse airada. O acordo parece estar máis lonxe. Onte foi tamén consultada por Radio Pontevedra a conocida portavoz veciñal Pilar Lavía, militante socialista de base, militante crítica.
Representante da asociación Río Lérez, manifestou ter dúbidas sobre a transparencia agora anunciada por Lores, que recibeu a unha representación da Federación Castelao. ¿Pero vai recibir ás asociaciós escindidas da dita Federación?
Tamén insisteu a portavoz veciñal en que a cidadanía non está pra se deixar toma-lo pelo e que os partidos terán que ver moi ben o que lles convén facer, en clara alusión ó desastre urbanístico da cidade. Se o PSOE quer ser inmolado nos próximos comicios, adiante, que pacten conforme apuntaba a prensa de onte. Alá eles. Se queren facer posible unha certa recuperación terán de ser rigorosos, férreos, na negociación.
Introduzo a seguido un vello traballo publicado no Diario de Pontevedra do 10.2.2001, sobre a desfeita da praza considerada por algús como a máis fermosa de Galicia, a praza da Verdura (que na súa memoria garda 18 nomes distintos: da Verdura, do marqués de San Román, A Feira Vella, Indalecio Armesto, etc..), auténtico recanto de cine que aparece na serie de "Los Gozos y las Sombras", de Torrente Ballester, un home que soubo comprende-la intelixente restauración da praza, agora desgarrada polos talibáns, convertida en patio carcelario. E o que nel se dí da posible retirada das mamparas no baixo da mal chamada Casa da Luz, foi consumada por orde de Pilar Rojo, delegada de Cultura do PP, pró mal e unha maior miseria da zona:

E que non falte unha fotografía da vella praza da Verdura, antes do arraso decretado por Mosquera e consentido polos demáis. Perdeuse elegancia, perdeuse capital social e sabe Deus ónde están os bancos arestora. (Incluída na parte alta, porque o enlace que ven non abre)
(enlace que deixou de abrir, suprimido)
ADEUS ÁS CATALPAS
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
É certo que as catalpas da Praza da Verdura tiveron de sempre detractores que entendían que non eran árbores axeitadas pra aquel entorno, tan recollido; que estarían mellor noutros espacios, presentadas como árbores de alineamento ou de bordura en paseos i estradas, misión na que compiten en certos paises con tilos, plátanos, arces, etc. Foi Antonio Odriozola o que me dou a noticia primeira do seu nome, catalpa bignenioides, unha das especies dun colectivo de aproximadamente dez que existen polo mundo adiante. Un colectivo certamente corto comparado con outras árbores. Do arce, por exemplo, cóntanse en torno a noventa especies, algunha delas con diversas subespecies e cultivares, algo a ter en conta cando se decida a reposición da arboreda agora cortada ou trasprantada. Algún medio apuntou xa a posible renovación da praza con inclusión precisamente de arces. ¿Ginnala, campestre, palmatum, pradairo, rubrum, sacharum, negundo...? É importante acertar coa especie, co colorido que a mesma vaia aportar en cada estación.
As catalpas foron un elemento dinamizador da vida da praza, porque aportaban unha sombra xenerosa que convertía o lugar en espacio vivo, sitio de encontro de diversas xentes e familias, sitio vivo prá conversa, o aperitivo ou a lectura nunha zona abondo deprimida e abandonada. As catalpas, permítaseme decilo, constituían un activo do chamado “capital social”, algo difícil de definir como dí Fukuyama en A gran Ruptura, pero que se percibe en casos claros como éste, contraposición diáfana daqueles outros como o xardín de San Franciso, onde certas presencias converten o espacio en lugar a evitar, quebrado alí o “capital social”. Confiemos en que han repoñe-la arboreda coidadosamente e que, con exemplares semimaduros, as xentes non han extraña-la ausencia das queridas catalpas por moito tempo, con independencia da especie que agora escollan. Pero convén decir algo máis sobre o tema do “capital social”, alertados como estamos os veciños sobre o que se poida derivar consecuentemente á actuación en curso, enmarcada no plan Urban.
Nada ten que ve-lo edificio que ocupou a Policía Municipal coa Casa da Luz que agora nos queren “vender”, asentada noutrora no mesmo solar. O edificio, especie de extraño piorno infrautilizado na súa parte baixa, espacio asoportalado depositario de moitas miserias, degradado, mellorara a raiz da autorización por Patrimonio do seu cerre por medio de mamparas que deixaban á vista os arcos da casa. O lugar era doutado así dunha funcionalidade certa e deixaba de ser sitio “húmedo” pra alivio dos veciños. A presencia da Policía antes que o seu labor, ó meu ver, era outro activo da zona. Significaba unha garantía, un respeto, aínda sendo remisa pra actuar sobre bares e pubs próximos que agora, desmantelado o cuarteliño, están a mostrar unha maior presencia, aumentan o ruído, posibilitan ou fan escándalos, permanecendo abertos máis alá da hora de cerre. Nunha palabra, estase a chariniza-la zona. Xa chegaron os do bongo e as fiestras dobres non son solución ante esa agresión.
O malo é que o peor pode estar por chegar si se consuma a retirada das mamparas polo cambio de uso dado á pranta baixa do edificio que foi cuarteliño da Policía. É fácil maxina-lo espectáculo sabatino das iguanas con litrona alí concentradas ou a posible transferencia de “capital social” dende o soportal de Sindicatos. Que o concelleiro Mosquera teña falado de medidas no caso de degradación do lugar non ten valor algún, porque ata o dagora non tiveron vontade pra resolveren casos denunciados. Por favor, que manteñan o espacio choído, doutado sí dalgún tipo de actividade positiva. Que se poñan dacordo con Patrimonio porque os veciños queremos vivir e descansar polas noites, algo que calquer manual de política local debe facilitar... Que pranten arces ou catalpas, ben. Que acerten tamén co novo pavimento... E non consintan a crecente “charinización” da zona. Sería a súa morte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario