Pactos e patos, (25.6.07)
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Entrada n. 5 do blog.
Os analistas parece que non teñen aínda datos definitivos do realmente acontecido nos pasados comicios. Pero sí podemos decir que, nas grandes cidades, o partido maioritario foi o da “abstención”. Un voto de castigo pra tódo-los grupos; nada menos que o do 41,2 por cento dos cidadáns. Lectura un tanto radical, talvez. E agora, a xente está a agardare a consolidación de pactos [ou pautos, se prefiren] desconfiada, porque teme que, co buraco negro do acordo marco PSOE-BNG, poidan consolidarse acordos contra-natura, contra a solución de problemas dos que son víctimas as xentes que os están a denunciaren dende hai moito tempo porque dende o poder rara vez se teñen en conta as denuncias, simples ou colectivas. É decir, as xentes van seguir a paga-lo pato. E danse casos como os dun PP que no 2003 chegou ós 72 edís e agora ós 82, nas cidades, pero perde poder. Ou que o BNG, que pasou dos 47 ós 37, aínda devaluado mellora posición coa política de “pautos”.
Algo sabían de que as cousas non lles viñan ben dadas, daí que incluso Quintana, nunha entrevista a El País, afirmara que o seu partido “non era de dereitas nen de esquerdas e que o que lles preocupaba era a xusticia social”. Só lle faltou falar de “democracia orgánica”, porque os conceptos que manexou, a definición por el dada corresponde ó franquismo sociolóxico, que seguramente tiña máis de democracia, polo menos o tardofranquismo, que algunhas das situaciós que estamos a vivire en distintos puntos da nosa xeografía. A democracia e a transparencia están nos “discursos de campaña”. Despois desaparecen. Como xa estamos a ver coas conversas que están a celebraren o goberno minoritario do BNG cos concelleiros do PSOE pra que non goberne a lista máis votada. Pero os cidadáns non nos podemos cruzar de brazos e someternos á súa política urbanística dictatorial. A cidadanía debe ter en todo momento conciencia clara de cándo conculcan os seus dereitos básicos. Por eso, nas pasadas elecciós, o BNG de Pontevedra recibeu un claro voto de castigo.
Pero non o queren reconocer así. E andan xa coa sua filosofía de que terán de explicaren de novo o seu discurso, de pescudaren nos posibles erros. E pra eso falan dun achegamento a certos interlocutores da cousa social: Cámara de Comercio, Federación Castelao, coa que xa mantiveron unha primeira conversa. A Federación non está nos seus mellores momentos. Pero o Bloque ten que pensar noutras forzas críticas como a Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres e o seu brazo político ICPraceres, o único partido defensor do Estado de Dereito en Pontevedra. Con ou sen Castelao sí vai haber movida. E se realmente o equipo de goberno quere analiza-las denuncias entradas por rexistro ó longo dos últimos oito anos, ten pano dabondo, porque aí están algunhas das súas vergonzas denunciadas, claves do fracaso obtido: as asinaturas de milleiros de cidadáns enumerando abusos, destrozos, miserias. A “democracia orgánica” de Quintana asustou ó voto urbán. Pode que na “Castelao” busquen, en principio, un presidente que se preste a facer de Gran Irmán orwellián.
Se o PSOE cede en Urbanismo e Medio Ambiente, agárdanos un tempo terrible. Nun traballo do ano 2003 [Nova etapa, 14.6.2003] fixen alusión a un persoaxe de Stefan Zweig que fora prisioneiro da Gestapo e que non mantivera outro contacto co mundo que o dun libro con 150 partidas de xedrez que chegou memorizar. Gran xogador…,branco, negro, branco, negro, o home perdería o sentido da realidade. E con tanto movemento de plaquetas, terrazos e paralepípedos, perguntaba se a capital non estaría a funcionar como un gran taboeiro de xedrez. As 64 cuadrículas do taboeiro e a deformación da realidade urbanística trouxeron como consecuencia unha megalomanía certa. E na nosa realidade, na que emerxeron como damas as palmeiras integradas en alcorques muralla, hai agora excesiva presencia de mosquerós ou mosquerones, dos peons de xedrez cos que o BNG perdeu as pasadas elecciós.
(Artículo publicado no Diario de Pontevedra e incluído no Xornal.com, web na que o asinante ten espacio de autor)
No hay comentarios:
Publicar un comentario