Pontevedra, 26 de Xuño do 2007
Como queda dito nun traballo anterior, as xentes do BNG, e outras tamén, queren que Galicia deixe de ser Galicia pra nomeala como aconteceu nalgún periodo do Medioevo. Pero as linguas van evolucionando aínda sendo como son creaciós de sociedades esencialmente ágrafas. Polo menos en gran parte da súa Historia. Galiza xa non é nome do noso tempo, aínda que, a título persoal, cada autor é moi dono de usalo. O traballo que sigue permíteme aforrar palabras.
¿GALICIA, GALLAECIA, GALIZA, JALISIA?
por Xesús López Fernández (17.7.2001)
por Xesús López Fernández (17.7.2001)
¿Cál é o nome correcto? A polémica está novamente servida, promovida por un grupo abandeirado por Isaac Díaz Pardo, que propón como norma única oficial a de Galiza. Novamente tentan introduciren a palabra por puro diferencialismo, esquecendo que, según afirman os estudiosos da cuestión, tanto Galicia como Galiza están documentadas nos primeiros textos galegos. E aínda que nos textos do medioevo se utilizase maioritariamente a palabra Galiza, o que tamén é certo é que xa non estamos na Edade Media e que a forma maioritaria e democráticamente establecida é, de xeito rotundo, Galicia. É decir, a forma escollida pola sociedade, que tamén ten o seu estilo á hora de facer idioma, non exento dunha certa elegancia. Pra min que a forma Galiza é hoxe un vocablo alóglota, que non se corresponde coa fala popular, e que os que o usan no seu discurso botan tamén man dunha serie de diferencialismos que fan que, finalmente, a súa mensaxe non chegue. Que non se extrañen.
Da forma latina Gallaecia debeu derivar, en principio, Galicia. Galiza parece unha forma máis evolucionada, pero polo mecanismo que fose, o uso de Galicia como forma única ó longo dos últimos 400 anos é algo que non se lle escapa a nengún lingüista. Que os galeguistas dos anos vinte do século pasado comezaran a reintroduciren Galiza; que Castelao, co Sempre en Galiza --¿por qué non Sempre na Galiza?-- , fose o gran impulsor da palabra nas últimas xeneracións non nos debe cegar. Na introducción existen querencias diferencialistas e os defensores da palabra medieval fanno por fuxir dun castelanismo, Galicia, que non é tal. En todo caso esta palabra é un galeguismo no idioma castelán, onde parecería lóxico decir “Gallicia”, como supón Henrique Costas, --en coherencia con “gallego”--. E hai outro argumento dese estudioso que deben ter especialmente presente os do sector do “reintegrado” -- os promotores dunha mesma grafía “luso-afro-nonseiqué”— i é que o 95 por cen dese mundo, o Brasil, dí Galicia. Os experimentos, mellor con gaseosa.
A nosa fala sigueu evolucionando. A sociedade marcou novas cotas de estilo e moitos medievalismos se perderon no camiño. Os discursos tinguidos cunha serie de palabras que xa non son desta hora, que non encaixan na psicoloxía actual da nosa língua, se quedan cortos, como capados. Á vista dos conocementos lingüísticos da actualidade é posible que o propio Castelao tivese retomado o término Galicia, máxime tendo en conta que ésa é a forma escollida polos brasileiros, como queda dito. Comprendo que pra moita xente a obra do rianxeiro siga a ser un referente, como o foi pra min nos anos 66 e 67, cando en Pontevedra creamos un programa de radio: ¡Aquí, Galiza!, 92 emisións, unha especie de continuación do ¡Aló Galiza! de Radio París. Aínda sendo unha forma lexítima, actualmente identifícome con Galicia e prefiro, nas miñas colaboracións, achegarme o máis posible ás formas populares, á vontade de estilo marcada pola sociedade antes que por grupúsculos diferencialistas, que parece entran no idioma con argumentos de corte dictatorial.
Que non esquezan tamén as posibilidades de Jalisia, porque pode se-la hora zafia dos “ideólogos” de “Mareas Vivas”, da que procuro pasar e na que están a faceren unha extraña apoloxía da gheada en connivencia co galego normativo, algo que non se entende. Se queren defende-la gheada como forma coloquial, que o fagan, ¿pero por qué usan a palabra “xuíz”, que nunca foi popular? En galego sempre se dixo “xuez” ou “xués”. E hai unha cantiga na que se dí: “Este pandeiro que toco/ é de coiro de xués...” Xuiz, xuizo, diferencialismos. Pero volvendo ó de Jalisia, ¿qué pode pasar se os ideólogos de “Mareas vivas”, co apoio da TVG, introducen o vocablo no debate?. ¿Galicia, Galiza, Jalisia?. Pareceríame unha idiotez. E, inda sendo un término lexítimo, entendo que Galiza –mellor “a Galiza”— non é xa dos nosos tempos. O discurso nacionalista pode perderse con ese e outros términos alóglotas, non populares.

No hay comentarios:
Publicar un comentario