Peixes e contaminación. O emisario que non cesa na ría de Pontevedra. Dibuxo informático de Xesús López.
Pontevedra, 25.06.2007
Entrada n. 8 do blog
SANEA-LA RÍA DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
O certo é que, a día d´hoxe, non se ten acometido un saneamento real da ría de Pontevedra. Un traballo digno de tal calificativo tería que comezar pola rexeneración das xunqueiras do fondo ría no canto de convertilas en solar de auditorios, pabellóns e facultades, ou de "fabricar" solares, gratis total, a costa do mar, prás Tradepanas e Gonvarris que se lles ocurra, industrias non avincalladas ó mar.
Mentres as xunqueiras funcionaron balanceaban a auga que a elas chegaba co xogo das mareas. Eran depuradoras biolóxicaas. Pero cometeuse o gran erro de acabar con esos humedales. E o peor, a pesar da agresión industrial estaba por vir; é agora cando se constata día a día que todo se está a facer mal.
Esta entrada perdeu parte dunha información que daba o Faro de Vigo, como consecuencia d´algo mal feito por ser un dos primeiros traballos enlazados, pero abonda coa introducción dita e co comentario que sigue ó que se salvou da noticia.
Hay muchas denuncias en relación con presuntos delitos ecológicos u otros tipos de agresión cometidos en la ría de Pontevedra. Las Administraciones locales no están a la altura de los tiempos y carecen de una verdadera política medioambiental. De ahí que los ciudadanos, en ejercicio de la acción pública, han de acudir a los tribunales, donde la justicia se hace desesperadamente lenta. Pero algo hemos adelantado, porque ya no es necesario acudir al Tribunal Europeo de Derechos Humanos.
El Tribunal Supremo ha intervenido en el caso citado, como también en el tema del ferrocarril privado a Marín construído con dineros públicos; pero la depuradora de Reza ha sido declarada ilegal por el TSXG, tribunal en el que ya está denunciada la EDAR de Os Praceres, donde las tres Administraciones son presuntamente delincuentes a la vista de las citadas leyes, de la nulidad radical emanada de su necesaria aplicación.
23.10.2007. Parece como se a noticia orixinal do Faro desaparecese, pero o comentario engadido abonda. Hoxe habería que decir algo máis, como que a sentencia sobre o tren d´Os Praceres permanece sen executar e que os veciños teñen solicitado a adoución de medidas cautelares e o bloqueo do paso dos distintos convois.
Nesta xeira, tamén parecen aclararse outras cousas, como a posible implicación do BNG en relación con Gonvarri que, cerrada en Cataluña por delito ecolóxico continuado, foi montada de novo sobre terreos roubados ó mar, a base de recheos; que a Gonvarri, autorizada por este equipo de goberno falsamente ecoloxista, acaban de lle daren permiso de ampliación pra, fundamentalmente, darlle acceso ó tren denunciado; que esta actuación parece ter como obxeto consolidar unha obra que no seu día fora cuestionada polo propio ministerio de Medio Ambiente da era Aznar, e que terá de ser levantado no remate do período concesional de Ence i Elnosa; da depuradora e da Autovía que tamén estos gobernantes locales queren consolidar. E despois falan de que Ence foi un pecado do franquismo cando eles se están a implicaren na eliminación do mar de Pontevedra, no mar de Marín. Falta color. E honradez.

Xesús López Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario