Nas catacumbas de San Calixto, claves na explicación do número da Besta, do Poder: o 666. Foto do autor.
-Pontevedra, 30.06.07
-
As xentes da Iniciativa Cidadán d´Os Praceres levan anos denunciando os excesos do poder, presuntos delitos ecolóxicos, todo resultado do esquecemento dos deberes por parte dos representantes da Administración. O día 9.7.2007 vence o prazo establecido polo Tribunal Supremo do Estado pró levantamento do tramo de vías do tren que pasa pola praza d´Os Praceres. Motivo polo que están a recabaren do Presidente e mai-lo Vicepresidente da Xunta de Galicia os apoios necesarios prá defensa do Estado de Dereito. Este outro traballo foi editado polo Diario de Pontevedra o 26.3.2007 e incluído tamén na web do Xornal.com.
-
Profetas en Lourizán,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
-
No meu traballo anterior, “En Roma”, fixen unha corta alusión á noticia alí recibida [o 15.3.2007] de que as xentes d´Os Praceres xa tiñan sentencia firme, confirmatoria da ilegalidade dos pasos a nivel do ferrocarril que lles meteron na súa praza, nas súas vidas, contra as leis establecidas, contra as xentes que estiveron en todo momento a defende-lo Estado de dereito, a demandar xusticia. Se ese día levei unha gran alegría seguín matinando no asunto ó longo do seguinte, 16.3, cando entramos nas catacumbas de S. Calixto, nas que aínda se aprecian caracteres en grego, a lingua da Igrexa, a lingua das cartas en clave [apocalípticas] dirixidas por San Xohán ás xentes alí acobilladas, ás que xa me teño referido en máis dunha ocasión, concretamente ó número da Besta, o 666, resultado de suma-los valores alfanuméricos dos nomes dos emperadores románs, escritos en grego, según estimación de Stanislas Gyatt. Lembreime daquela que a Iniciativa Cidadá d´Os Praceres, presentada como alternativa electoral nas elecciós do 2003 polas xentes da parroquia, obtivera 666 votos, o ditoso número que corresponde realmente ó Poder.

Agora, cando xa hai sentencia firme [6.03.2007, Recurso de Casación n. 4694/2004], entendémo-la citada cifra como a imaxe do Poder ante o espello que estiveron a mostra-los veciños d´Os Praceres, incansables nas súas denuncias e contenciosos; en avisar á Administración e ós partidos que estaban actuando mal, situándose fóra da Lei, e nese sentido pergúntome se non os poderiamos definir como profetas, porque a palabra profecía [en hebreo “nevi”] non sempre é interpretada como aviso do que vai pasar, senón pra decir a alguén que está actuando mal, que se arrepinta e regrese ó camiño do Señor, no contexto da fe. Pero o Señor está presente en toda a Creación, na Natureza e nas súas criaturas, tamén nas xentes d´Os Praceres. E outro número con connotaciós máxicas está presente no tema da ocupación da praza, “por comisión ou por omisión” según comentou Eladio Torres, pola tropa política: o número 7, o da plenitude, porque esos foron os anos que tardou en producirse a sentencia que marca a fin da loita da praza.

A prensa fixo estos días diversos resumes do que leva acontecido, mesmo de frases que teñen o carimbo de “profecías”: “Se hai xusticia neste país a praza está salvada, porque o proiecto é manifestamente ilegal” [Eladio Torres, 26.09.2000], “O BNG deixou tirada á parroquia, o PSOE ten boas palabras cos veciños, o PP non nos recibe” [Isabel Veiga, 7.11.2000], “O proiecto só puido ser deseñado por alguén que se volveu tolo” [Germán Sarmiento, 9.01.2001], “Eles non van estar aquí toda a vida e algún día estas vías hanse levantar” [Salvador Sánchez, 23.4.2001], “Os veciños de Lourizán son víctimas das inxusticias cometidas polos poderes económicos e públicos” [José Saramago, 9.01.2002]. Son frases con claro sentido profético de denuncia contra o Mal, de cuios representantes, con carnet de distintos partidos, temos tamén un concerto coral, unha extraña sintonía á hora de facer apoloxía do disparate: Xosé Cuíña, Miguel Lores, Manuel Fraga... [Faltan os tapados]. Caládo-los partidos, só a título persoal están a recibiren n´Os Praceres algunha que outra felicitación.
-
Os veciños están a demandaren a execución da sentencia; tamén a pedi-la prohibición cautelar do paso do tren pola praza. Falta aínda a súa reclamación de danos de tipo físico e moral, que pode ser elevada. I están dispostos a levanta-las vías polos seus medios se Fomento non asume a tarea. Presentarían o correspondente proiecto de traballos; que nadie pense que a sentencia vai quedar aparcada. Urxen igualmente unha investigación parlamentaria de todo o acontecido, máis grave que o sucedido coa vía do Salnés. Algús políticos poden estar agora mesmo fóra da Lei, ser culpables. Os veciños van mante-la loita, tamén contra a EDAR de Lourizán, xa denunciada por Salvemos Pontevedra. Avisos proféticos contra a deixación de poder.

1 comentario:
Agora, cando xa van pasados varios anos, lémbrome de cándo o 15.03.2007, estando en Roma, Eladio Torres Castro chamabame por teléfono pra me comunicar que xa había sentencia en relación co ferrocarril d´Os Praceres, espacio profanado polo ministerio de Fomento, presuntamente ó servicio dos clústers.
Daquela mallaran nas xentes d´Os Praceres,os verdadeiros defensores do Estado de Dereito, como veu confirma-la sentencia do TS do6.03.2007.
A día d´hoxe, a sentencia sigue sen execución mentres Ana Pastor anda polas teles a falare de infraestructuras innecesarias construídas polos socialistas. E polos do PP tamén, coño.
Publicar un comentario