domingo, 24 de junio de 2007

QUEREN MÁIS RECHEOS



Pontevedra, 24.06.2007

Entrada n. 4 do blog. A este traballo aludo no introito do referido ó Día de San Xohán, porque anteriormente incluírao co título cambiado, "Sanea-la ría de Pontevedra", que non correspondía. Finalmente, optei por esta solución, por borra-la entrada anterior e incluir novamente o traballo, que sigue:
QUEREN MÁIS RECHEOS,[24.06.2008]
por Xesús López Fernández

O que fora presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, García Pedrosa, tentou daquela seguir cos recheos, porque a sustentabilidade dun porto estaba na garantía de poder "crecer ilimitadamente", decía el. Como se a ría de Vigo non fose un espacio finito, brutalmente ferido pola estulticia das autoridades, polos recheos de carácter irracional, no Areal, en Bouzas, en Cangas, pola contaminación que castiga Europa, etc. Daquela tamén, unha muxica de luz pareceu agromar na cabeza de Lois Pérez Castrillo, que se opuxo á pretensión de hipotecar máis o mar, o mar de Vigo.

A súa denuncia está no TSXG, que acaba de fallar en contra, asunto no que algún grupo terá algo que decir, que se alzar ó Tribunal Supremo do Estado, que en certos asuntos parece sé-lo depositario da razón, do xuicio, do sentido común, de que o Alzheimer non está a condiciona-las súas decisiós. Da súa rectitude é boa mostra a recente sentencia no caso do ferrocarril pola praza dos Praceres, en Pontevedra. Pero alguén quere volver co Alzheimer, coa negación das leis, nese como en outros casos.
Nos asuntos do respeto medioambiental, os políticos parecen todos tontos. Sí aprenderon o discurso do Estado de Dereito, no que están a mascaren decote como se fose chicle, pero aínda tendo infiltrados nas ditas Autoridades, e vocalías con firma, vése que están por non aprenderen a lección. Virán de novo xornadas tensas en Vigo; han seguir en Pontevedra, sobre de todo coa "perla" do Surís que lles caeu, que non parece parece mellora-las actuaciós anteriores de Ramallo e Iribarren. E han seguir falando, seguro, de Estado de Dereito, o chicle que non acaba.


Os políticos teñen, por necesidade, que telos ben postos, ou non ir á política, porque axiña se lle notan as carencias. Teñen que telos, quero decir, porque nalgús casos parece que non hai sexo. E máis alá do que lles dicten dende certos clústers, impoñe-las leis emanadas polo goberno dese Estado de Dereito do que falan, aínda que as teñan que estudiar antes.

Xesús López



No hay comentarios: