viernes, 4 de julio de 2008

MIGUEL SEBASTIÁN, SEN GARABATA

Pontevedra, 4.07.2008

Entrada n. 546 do blog

MIGUEL SEBASTIÁN, SEN GARABATA,
por Xesús López Fernández

O ministro de Economía acodeu ó Parlamento sen garabata. Rumores pra tódo-los gustos. O clon de Arturo Fernández, no video realizado por NADAPARTIDARIOS, bríndalle a posibilidade de rectificar ó lle ofrecere un amplio sortido da prenda desbotada por Miguel Sebastián, pra así seguir mantendo o decoro, a elegancia persoal no Parlamento.

Pero a argumentación do ministro parece sólida: sen garabata vai estar máis fresco e pasar menos calor, menos necesidade de aire acondicionado, máis aforro de enerxía eléctrica. Ó non percibire, consecuentemente, a sobida da tarifa vai poder pensar, en breve, en repercutir sobre a mesma un novo incremento; demandarnos así máis cartos vía trinque impositivo prá maior gloria da España de ZP, pra remonta-la crisis. En definitiva, parece que sí saben pensar.

VIDEO DE YOU TUBE/ NADAPARTIDARIOS
TÍTULO: Sebastián y las corbatas.