
Pontevedra, 17.07.2008
Addenda do traballo "A ponte das Correntes".
A nova Ponte das Correntes precisaría dunha información complementaria, da exposición que seguramente podería artellarse aínda dende a Asociación San Roque, que de vez en cando rescata vellas fotos de tempos idos, como as que agora presento, fotografías de postales da arrancada do século XX. Pode que algunha corresponda ó século XIX. Aínda que a calidade non é moita, valen como mostra, como testimonio.






Pontevedra, 4.07.2008
Entrada n. 544 do blog.
A PONTE DAS CORRENTES,
por Xesús López Fernández.
por Xesús López Fernández.
Na vella ponte das Correntes hai tempo que non se aprecia a entrada forte das augas, ó encher, ou ó saire, como se pasara por unhas turbinas, no devalo. Alí había, ademáis, un pozo de certa consideración, hoxe desaparecido, como desapareceu tamén o canal central do río-ría.
¿Cal foi a causa de tal desfeita ecolóxica? Pois..., nen máis nen menos que a desecación das xunqueiras, salvagarda do ecosistema, que non queren recuperar máis alá do primeiro amago de Juan Luís Pedrosa coa Xunqueira d´Alba, actuación primeira que abandonaron no canto de afondar máis na línea xa marcada. Xusto é tamén lembrar que foi con Pedrosa e por pago vil da peaxe que prá gobernación lle fixara Eladito Portela, cando se construeu o pabellón prás Construgalias e Ferpalias, hipotecando aínda máis o espacio da gran xunqueira, monte comunal dos veciños de Lérez. E coido que tamén foi obra súa o Auditorio.
Cando está en marcha a elaboración do PXOM, son as actuaciós promovidas por Mosquera: a ponte das Correntes, o scalextric de Mollabao, as que van claramente en contra da recuperación do capital natural que recomenda a Axenda21Local.
A ponte que se encirra en levar adiante, seguramente pra deixare infrautilizada a ponte do Burgo e integrala así máis no marco da Feira Franca, marca, de certo, unha presión de dimensiós aínda desconocidas sobre a Xunqueira d´Alba, a posible delimitación de espacios pró trinque urbanístico, como sobre Lourizán vai face-lo scalextric de Mollabao e a edar ilegal d´Os Praceres.
Tristemente vivimos nunha sociedade sen pulso vital, de tantos anos que levamos sometidos, vendo como se arruina a nosa cidade, o noso entorno.

1 comentario:
É moi interesante iso do nome, ata o de agora non me fixara no do nome. Se pode explicar un pouco máis para os novos coma eu de onde ven ese nome estaríalle agradecido.
A foto con naútico demostra a destrucción no final das Marismas do Alba.
Un saúdo
Publicar un comentario