viernes, 4 de julio de 2008

A LINGUA COMÚN

NN.GG. do Partido Popular promove a defensa da lingua común.

Pontevedra, 4.07.2008

Entrada n. 543 do blog.

A LINGUA COMÚN,
por Xesús López Fernández

Xa no seu día foi Vázquez de Mella, se mal non recordo, o gran defensor do español ou castelao como lingua común de tódo-los españoles, que podería convivir, ademáis, coas linguas rexionales. O castelao sería a gran lingua de comunicación antre tódo-los cidadáns.

Conforme as diversas autonomías foron asumindo unha serie de competencias, o que podería ser un rexionalismo san ou un nacionalismo moderado, se así queremos chamalo, foi pouco a pouco saíndose de seu.

Se nalgún tempo a diglosia marcaba distancias, agora é unha crecente guetificación do castelao a que está a ser promovida en Cataluña, no País Vasco, tamén en Galicia. Poderiase decir que funcionan, nas autonomías citadas, unha especie de policía ou rede de comisarios políticos que se preocupan pola defensa da "pureza" de formas de falar moitas veces espúrias, porque non están na raiz da oralidade, das pautas marcadas polas sociedades que salvaron, en cada caso, o patrimonio cultural común, tamén a fala de cada rexión. Nalgús casos déronlle, ás linguas lares, unha carga ideolóxica, unha deriva cara outras linguas, na súa teima diferencialista demencial.

Non me solidarizo co símbolo da lingua pintada, pero sí me solidarizaría con que se promovese, a nivel estatal, a supresión de certas competencias transferidas, como acontece con Educación, que debe se-lo propio goberno central o que marque o canon a seguir. Si España vai seguir sendo España. Algús periódicos, ABC, La Razón, xa están marcando o camiño; como tamén diversos colectivos de cidadáns, como en Galicia fai "Galicia Bilingüe". E, sobre todo, na línea do manifesto asinado por diversos intelectuales, porque o español está en peligro de ser sometido por políticas sectarias e aldeás.

O que queira comprende-la miña oposición á lingua pintada como símbolo, pode buscar neste blog, nas entradas do mes de Maio, un traballo titulado "A lingua azul", no que se fai unha crítica aceda á política lingüística da Xunta.

No hay comentarios: