Pontevedra, 7.07.2008
Entrada n. 551 do blog.
A RAPA E A BAIXA DAS BESTAS,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Realmente sobraría todo comentario. O vídeo que sigue, composto cunha serie de fotografías de Eladio Torres Castro, que o home ten inseridas, por temas, e por miles, en diversos blogs, co nome xeral de XOAN ARCO DA VELLA, é todo un acerto.
O home está metido a fondo no mundo da fotografía. I é case un peregrino que vai buscando vistas de sitios, igrexas abandonadas, conventos dos que case non se ten noticia, das que o lector curioso pode atopar unha referencia documental inesperable e necesitada, cecáis, dun soporte máis definitivo.
A música de Ennio Morricone que lle puxo como fondo a este video, acaelle perfectamente. Téñase presente, ademáis, que o home meteuse no curro pra non poucas das tomas nel incluídas. Non arriscou tanto como os aloitadores, pero case. A miña n´horaboa.
VIDEO DE YOU TUBE / XOAN ARCO DA VELLA /SABUCEDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario